//
estás a ler...
., Cambados

Víctor Caamaño (BNG): “Criticar o Xantar non é estar contra a Festa do Albariño”


O voceiro do BNG no Concello, Víctor Caamaño, respostou onte contundentemente ás declaracións do alcalde, nas que afirmaba que o Bloque estaba en contra da festa. Caamaño teno claro: “o BNG fai estas críticas porque quere que a festa sexa o mellor posible” e que “iso é compatible con gozar da festa e participar do seu ambiente. Faltaría máis”. O voceiro nacionalista di que Aragunde emprega a mesma táctica que Tourís tentando transladar á cidadanía que a crítica a un aspecto organizativo da festa significa estar en contra da Festa.

Caamaño está dacordo con que o Albariño atrae a atención sobre a nosa vila, e iso tradúcese en visitantes. Pero non o Xantar, que “ao único que atrae é a diversos come de baldes do PP”. Subliñou do mesmo xeito que é escandaloso que veñan 72 cargos políticos da Xunta cos seus respectivos acompañantes. “Aragunde pérdese a cotío falando de austeridade” segundo Caamaño, e debería lembrar que os cartos ingresados pola carpa (que o PP di que serven para sufragar o Xantar) non saen do peto do alcalde, e poderían ser empregados para outras finalidade como “os 4 millóns de euros de débeda do Concello”.

Respostou tamén ás críticas que fixo Aragunde á suposta falta de axudas durante o bipartito. Caamaño lembrou que as hemerotecas gardan as declaracións do alcalde e do anterior rexedor, Cores Tourís, agradecendo ao BNG a colaboración no evento desde a Xunta de Galicia (o Bloque gobernaba as áreas de Turismo e Medio Rural entón). Do mesmo xeito, respostou a Aragunde que no ano 1985 cando se convidou a ler o prefón a Xosé Manuel Beiras (gobernaba o Concello daquela o nacionalismo), Beiras non era nin sequera deputado no Parlamento senón un prestixioso catedrático que escribira sobre os sectores produtivos do noso país.

Para rematar, Víctor Caamaño cre que o máis lamentable do asunto é que o Xantar pasara de ser unha reunión de confraternidade para convertirse nunha “romería de exaltación do PP”. Cos cartos de todos, habería que engadir.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Setembro 2011
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: