//
arquivo

Archive for

Xa podes descargar a lista de convidados ao Xantar do Albariño 2010


A continuación ponse a disposición de todos os interesados a lista de convidados ao Xantar do Albariño 2010 [PDF 99.9 KB] facilitada por grupo de goberno ao grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego.

A lista reprodúcese tal cal foi entregada a Víctor Caamaño por parte da Alcaldía, tan só se marcaron en azul os convidados que son ou foron cargos electos ou designados por parte do Partido Popular ou do PP nalgún goberno (arredor duns 110 dos 280 mencionados, un 40% da lista). E non se marcaron aquelas persoas que sen ter sido cargos do PP si están vencellados a este partido político, eses casos quedan a mercede da análise persoal de cada quen. Seguir lendo

Unha folga sensata contra unha política nefasta


Hoxe [polo mércores 21 de Setembro] os mestres galegos van facer unha folga sensata, necesaria, ecuánime, a prol do ensino público… en fin, podiamos seguir poñendo calificativos a esta reivindicación dos docentes todos eles xustos, menos un; esta non é unha folga politica como nos quere facer ver o PP e o impresentable do Conselleiro de Educación, quen precisamente anda a dicir por medio da prensa do réxime que esta é unha folga politica e o malo é que esta báilalle a corda.

E fala el de facer politica, este que pertence a un partido que nos goberna nefastamente durante dous anos levándonos a niveis  do umbral da pobreza en Galicia, estes que queren privatizar a educación para lucrarse, estes que pretenden privatizar a sanidade para lucrarse, estes que privatizan os servizos dos concellos para lucrarse, estes que queren eliminar o galego do ensino e das nosas vidas, a isto  eles non lle chaman facer politica, chamanlle “gobernar”, pois non isto se é facer  politica…  Isto en definitiva é facer politica da mais rastrera.

O colectivo do profesorado ata o de agora está a sufrir  unha serie de inxustizas tales como que lle baixaran o soldo un 7% (cando os politicos o aumentan, aí temos a Alcaldia de Cambados,  un pobo de apenas 14.000 habitantes que lle custa os cidadáns 10.000 euros mensuais),  ou que lle eliminaran o sistema de pensións  que tiñan asinado, ou o aumento de carga lectiva ou que teñan que facer  de “vixiantes” dos nenos dende o autubus o centro, a aínda hai algún desalmado que tacha esta folga de política.

Eu dende logo díxenlle á miña filla que respetara a actitude dos mestres, expliqueille que eran unhas reivindicacións moi xustas, comprendeuno perfectamente e deille liberdade para asistir ou non a clase. Parafraseando a Bécquer  e dirixíndome o incalificabel Conselleiro de Educación: “Preguntaste que é politica, política eres ti”. 

Xaquín Charlín. Le todos os seus artigos premendo aquí.

Tamén podes seguilo no seu blog, A ti meu Cambados

Nas redes sociais

Setembro 2011
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.