//
estás a ler...
Cambados

Xa podes descargar a lista de convidados ao Xantar do Albariño 2010


A continuación ponse a disposición de todos os interesados a lista de convidados ao Xantar do Albariño 2010 [PDF 99.9 KB] facilitada por grupo de goberno ao grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego.

A lista reprodúcese tal cal foi entregada a Víctor Caamaño por parte da Alcaldía, tan só se marcaron en azul os convidados que son ou foron cargos electos ou designados por parte do Partido Popular ou do PP nalgún goberno (arredor duns 110 dos 280 mencionados, un 40% da lista). E non se marcaron aquelas persoas que sen ter sido cargos do PP si están vencellados a este partido político, eses casos quedan a mercede da análise persoal de cada quen.

A lista non ten por que reflectir os datos verdadeiros, de feito segundo o propio BNG hai nomes que aparecen pero que non asistiron ao Xantar así como persoas que non saen e si o comeron. Ademais non se contabilizan aos acompañantes e non se mencionan todos os Cabaleiros e outros premiados do ano.

Como detalles sinalar o gran número de convites cursados a “Confrarías gastronómicas”, corenta e seis (un 16% do total), entre as cales atopamos gran diversidade, desde os “Amigos de los Nabos” até a “Confradía del Colesterol”, pasando pola do xamón, a do oruxo, etc etc. Sinalar tamén como curiosidade (e como mostra de pouca fiablidade da lista) que o Alcalde de Cambados non aparece como convidado ao Xantar.

Entre outros hai convites para representantes de todo tipo de asociacións, hai convite para o cura de Cambados, hai convites para a Garda Civil, até 12 para representantes do poder xudicial de Cambados, e incluso para o director do colexio privado Salesianos (e ningún para representantes do ensino público, por certo).

As estimacións do BNG (a falta de datos oficiais) indican que cada convite custou ás arcas municipais arredor dos 50 euros.

A partires da páxina 2 do documento pódese dar lectura ao documento íntegro.

Descarga a lista do Xantar premendo aquí

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Setembro 2011
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: