//
estás a ler...
.

Charla: “Non ao desmantelamento do hospital do Salnés” o xoves no Auditorio


Este 29 de Setembro ás 20.30 horas terá lugar unha charla no Auditorio da Xuventude para falar do desmantelamento que está a vivir a Sanidade Pública, e en particular o hospital do Salnés. O ponente será o médico de atención primaria Manuel González Moreira.

A continuación podes ler un breve resumo do que poderás escoitar explicado o xoves no Auditorio:

“A existencia da área Sanitaria do Salnés significa dotarnos de todos os servizos que elo conleva dende a atención primaria áte a xestión do Hospital do Salnés.A Xunta de Galiza acaba de sacar un decreto que deixa sen contido e valeira o control de todo o referente á área sanitaria do Salnés, pasando a depender como xa fai anos do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP); cando sabemos o que isto significa: Deixar de facer inversións e de prestar servizos na nosa comarca e adicar tódolos investimentos a construcción do novo hospital de Pontevedra en Monte Carrasco coa xestión privada.

A Xunta de Galiza, no que eles están a chamar “reorganización”, está a eliminar as ambulancias do 061 de transporte urxente co que isto significa. Con esta política está a deteriorar en tódolos aspectos a sanidade pública.

O Hospital do Salnés, ca xestión directa que coñece as necesidades, ten que dar cas carencias  e o resultado total da atención sanitaria.

As deficiencias que temos no hospital significan inversión que non se fixo; cardioloxía, ampliación de urxencias etc.

A estructura organizativa ten que estar co propio control do centro e mirar polos servizos que corresponden ó Hospital: Area propia, xestión propia.

A xestión propia e a área propia significa que se ten en conta a dimiensión  das deficiencias de atención primaria dos concellos da Área Sanitaria do Salnés (Vilagarcía, Cambados, Catoira, Illa de Arousa, Vilanova e Ribadumia): pediatría, máis médicos,  máis centros de sáude (Vilagarcia).

Porque o decreto significa o abandono do Hospital que tanto nos custou consegir e que siginifica un referente propio e vixente na nosa comarca.

Esiximos a mretirada e derogación do decreto.

Esiximos os investimentos comprometios dende hai varios anos para paliar as deficiencias actuais e as ampliacións futuras.

Esiximos unha atención primaria con instalacións e servizos de calidade.”

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Setembro 2011
L M M X V S D
« Ago   Out »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: