O Bloque de Cambados continúa con esta orixinal iniciativa que iniciou hai xa ano e medio. Trátase de (re)descubrir as nosas propias parroquias camiñando con guías, que son veciños e veciñas dos lugares. Concretamente, a etapa de Vilariño xa fora organizada para hai uns meses pero tivera que ser posposta por mal tempo. Este domingo 2 de Outubro o BNG anima a todo o mundo a realizar 6 quilómetros a pé por Vilariño.
A saída terá lugar ás 10.30 desde o campo de fútbol de Burgáns. A dificuldade do paseo é media-baixa segundo a organización e terá unha duración aproximada de 3 horas. Podes ver un pequeno mapa do percorrido premendo aquí.
Conversa
Aínda non hai comentarios.