O poeta cambadés Xosé María Vila Ribadomar presenta o vindeiro sábado 5 de Novembro o seu libro Fotogramática. Será ás 19.30 no Salón de Plenos d’A Illa de Arousa, o seu lugar de residencia.
Segundo a páxina “A ti meu Cambados“, de onde foi extraída esta información, Vila Ribadomar xa presentou previamente este traballo no Porto hai unha semana.
A recadación da venda do mesmo será destinada a unha ONG. Na presentación intervirá tamén Emilio Xosé Ínsua e Saúl Otero, así como outras persoas que lerán poemas contidos no libro. O autor cambadés ten publicado previamente A Fraga do Pericardio (2001) e Peixes medievais (2004).
Como xa se indicou noutra entrada desta web, o goberno local levou a pleno a suba xeralizada de taxas municipais. Todas se incrementaron, pero algunhas o fixeron ademais bastante por riba do 3% que marca o IPC, por exemplo a auga (13%), o mesmo que a recollida de lixo nas parroquias (para consultar todas as subas preme aquí).Pois ben, a pesar de que a prensa non quixo explicar con detalle que pasou nese pleno,é necesario resaltalo. A suba de taxas foi aprobada grazas aos votos do Partido Popular, que atallou coa súa maioría outras propostas como a feita como o BNG e que se detallará agora. O PSOE votou a favor da suba de impostos cando esta é igual ao IPC, como tamén se explicará a continuación. (Preme en Seguir Lendo) Seguir lendo
O voceiro do BNG, Víctor Caamaño, sorprendeu no pleno de onte cunha moción pola vía de urxencia sobre a conserveira Alfageme. A moción, que resalta a importancia da industria conserveira para o emprego da comarca, remata por solicitar á Xunta de Galicia que poña solución ao conflito de Alfageme que ameaza 150 postos de traballo no Salnés, unha das bisbarras máis castigadas polo emprego.
Logo de que a empresa entrara en fase concursal a solución pareceu vir da man do “Consorcio Conservero”, que chegou a un acordo coas centrais sindicais e coa propia Xunta para non eliminar postos de traballo. Pero é a Xunta quen ten que permitir o auto de liquidación para que a empresa sexa por fin vendida. “Consorcio Conservero” mantén que só agardará até final de mes, polo que se a Xunta non actúa o conflito podería dilatarse e agravarse. Seguir lendo
Cambados(tk) lanza esta sinxela pregunta para coñecer as diferentes propostas que os lectores teñades a ben compartir. Na primeira pregunta (de dúas) pódese escribir libremente para mencionar unha ou varias ideas que se poderían desenvolver en Cambados con eses cartos que a Deputación empregou en arranxar a sede dunha asociación privada.
Ademais, na segunda pregunta pídese ao lector que puntúe por orde de prioridades cales das últimas inversións das que se falaron nas últimas semanas (centro de de día, piscina, comportas, saneamento, Cultural…) son realmente necesarias. Os resultados, nuns días aquí. Preme para acceder á enquisa.
Hoxe é un día importante para a prensa dixital do país. Despois de meses de malas novas, de peches de diarios galegos e en galego como Galicia Hoxe, A Nosa Terra ou Xornal de Galicia, e de dixitais tan importantes como Vieiros.com e o propio Xornal.com, chegan as novas esperanzadoras. Presentouse onte á noite o novo xornal dixital Praza Pública, que nace cunha xustificación “A este país non lle convén o silencio”, cun modelo xornalístico plural e cunha liña que busca enriquecer o autogoberno e o cambio, o avance do país. Podes ver a presentación da web premedo aquí e mesmo apoiar a creación deste medio. Seguir lendo
No pleno da Corporación que se celebrará este xoves, é moi previsíbel que os edís do PP apoien a subida dos impostos municipais que plantexa o goberno local. Segundo eles trátase de “achegarse ao custo real” dos servizos. A auga é, segundo o Diario de Arousa, a que máis se incrementará, arredor do 13%, dez puntos por riba do IPC. A recollida de sólidos urbanos (recollida de lixo) sobe un 5% ademais do 3% do IPC para as casa do centro urbano e un 10% ademais do IPC para as casa do rural. A “Axuda no Fogar” pasa de 9,70 a 12 euros a hora. A taxa de sumidoiros sobe en total un 10%, 7 puntos por riba do estipulado polo IPC.
Seguir lendo
Celebrouse hoxe por toda Galiza un referendo nos centros de ensino organizado por CIG e UXT nos que se lle preguntaba ao profesorado polo recortes que leva a cabo a Xunta de Galicia. No instituto Francisco Asorey a participación no referendo ascendeu ao 80% (52 sobre 65). Seguir lendo
O Bloque Nacionalista Galego de Cambados convida á cidadanía ao seu mitin preelectoral deste venres 28 de Outubro. Trátase dun acto público no Auditorio da Xuventude no que participarán o portavoz municipal Víctor Caamaño, o candidato ao Congreso Duarte Correa, o voceiro nacional do Bloque Guillerme Vázquez e a candidata nº1 ao Congreso por Pontevedra e actual deputada Olaia Fernández Davila. Comezará arredor das 21 horas.
Entreparadas é unha iniciativa que ten lugar nos autobuses urbanos de Ourense, nos que 16 persoas (con diferentes discapacidades físicas, intelectuais, vítimas de accidentes de tráfico…) representan pequenas pezas de teatro nas que se rinde homenaxe á xeración Nós, mentres os usuarios dos buses suben e baixan dos mesmos. O obxectivo é fomentar o uso do transporte público e a integración das persoas que pertencen a grupos con risco de exclusión social. Seguir lendo
La Voz de Arousa repasa hoxe amplamente o capítulo de inversións que recibirá, teoricamente, o noso Concello en virtude dos orzamentos da Xunta de Galicia. Resulta especialmente curioso ler como se volven a anunciar inversións en obras que se suspenderon moi recentemente. É o caso do Centro de Día (350.000 euros), que quedara en suspenso hai tan só dúas semanas e media. Ou da cuberta da piscina (381.000 euros) que hai pouco máis de un mes a Xunta decidía suspender por mor da “política de axustes” logo de varios retrasos desde 2008. Seguir lendo