//
estás a ler...
Uncategorized

Fondo pesar en Cambados polo pasamento de Luis Silvoso


Os xornais comarcais salientan hoxe entre as súas páxinas unha moi triste nova, o falecemento do galerista Luis Fernández Silvoso, dono de Borrón 4. O pobo de Cambados en xeral e o mundo da arte en especial choraron a perda dunha persoa clave no desenvolvemento cultural de Cambados, por ter tido a valentía de situar á nosa vila no mapa cultural abrindo unha galería de arte privada.

Precisamente a derradeira exposición de Borrón 4 fora anunciada nesta web recentemente (a mostra de Manuel Busto). Varios artistas fixeron declaracións aos medios lamentando a terríbel perda, non xa só no plano profesional, senón sobre todo no persoal. Segundo Xaquín Chaves, Luis era “unha persoa moi alegre, moi entusiasta, moi amigo dos seus amigos”. Segundo o escritor Ramón Caride “era unha desas persoas que fan un mundo mellor”. Dúas citas que fan que calquera outra frase estea de máis. Até sempre, veciño.

Advertisements

Conversa

One thought on “Fondo pesar en Cambados polo pasamento de Luis Silvoso

  1. Tremenda perda para os cambadeses e para a cultura en Cambados, soster durante máis de 10 anos unha galería de Arte nunha vila pequena como a nosa, ten un mérito!…. Hai que ir pensando nunha homenaxe.

    Posted by maribel | 08/10/2011, 10:00 am

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Outubro 2011
L M M X V S D
« Set   Nov »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: