//
estás a ler...
., Cambados

Víctor Caamaño califica de “esperpéntico” que o Partido Popular antepoña as comportas e a praia ao Centro de Día


O voceiro do Bloque Nacionalista Galego, Víctor Caamaño, referiuse onte ao recurtes contemplados para Cambados pola Xunta. En primeiro lugar fixo mención á suspensión da renovación da cuberta da piscina, aínda que a lamenta por ser unha obra anunciada en moitas ocasións considera esta suspensión “razoable” polo momento de crise económica, aínda que non “os recortes que o PP está a facer no ensino, na sanidade ou nos servizos sociais”. En concreto referiuse ao Centro de Día, que se paraliza, mentres o Concello e a Xunta siguen adiante coas comportas do Saco e a praia artificial. “Esperpéntico”, sinala o nacionalista. (máis info. no interior)

O gran problema que ve Caamaño na non renovación da cuberta da piscina radica no gasto corrente que ocasiona ao Concello de Cambados, uns 118.000 euros anuais (segundo a prensa) en enerxía para poder pagar as perdas de calor se ocasionan. O BNG sinala que esta formación no seu momento se opuxo a este tipo de cuberta, que desaconsellaban os técnicos, mentres o PP se empeñou no modelo actual, resultando “desastroso” para a economía local.

O voceiro do BNG ve claro que cando por fin se leve adiante a reparación da piscina os cargos do PP tentarán salientar a súa “boa xestión”, mais para Caamaño “fixeron unha boa xestión para eles, pero unha pésima xestión para os petos dos veciños e veciñas”. O voceiro frontista atrévese a ver máis alá :”no futuro o PP seguirá falando da necesaria austeridade na xestión dos cartos de todos”.

Conversa

One thought on “Víctor Caamaño califica de “esperpéntico” que o Partido Popular antepoña as comportas e a praia ao Centro de Día

  1. Senor Caamano, na mina opinion non serve vostede para politico. Posiblemente sexa vostede moi honrado, e temen moi educado. Pero as persoas educadas tamen dan os bos dias e as boas tardes. E vostede nin o un nin o outro.Hai que ser mais aberto.

    Posted by laurita | 15/10/2011, 12:54 am

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Outubro 2011
L M M X V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: