O fillo de Luis, Aberto F. Escariz, está a ser o encargado, segundo La Voz de Arousa, de organizar a homenaxe que se realizará na galería que durante tantos anos levou adiante seu pai. Son 24 pintores e 7 escultores os que está previsto que participen nun acto que, en palabras de Alberto, será emotivo e sentimental. Engade que non son todos os artistas que tiveron relación coa galería e con Luis Silvoso pero si estarán os que foron máis cercanos profesional e mesmo persoalmente.
A familia de Silvoso quere agradecer aos artistas a súa total disposición para con esta homenaxe e en xeral a todo o mundo polo apoio e o agarimo recibidos. Lembrar que até o día 29 pode visitarse tamén a exposición de Manuel Busto que foi inaugurada tan só días antes do repentino pasamento do galerista e veciño de Cambados.
Os pintores que participarán son os seguintes. Lino Silva, Baldo Ramos, Xaquín Chaves, Manolo Busto, Mila Vázquez, Xavier Magalhaes, Mª Isabel Pintado, Francisco Escalera, Antonio Mateos, Rafael Masiá, Antón Sobral, Rosa Úbeda, Manolo Dimas, Pedrosa, Xurxo Alonso, Xurxo Durán, Fernando Arenaz, Rosa Elvira Caamaño, Caino, Alberto Gulías, Vicente Prego, Uxío López e Saúl Otero.Canto a escultores: Francisco Pazos, Marcos Juncal, Manolo Paz, Xosé Manuel Castro, Curiá e Adonis Escudero.
Conversa
Aínda non hai comentarios.