//
estás a ler...
., Cambados

O PP volve a anunciar obras que acaba de suspender


La Voz de Arousa repasa hoxe amplamente o capítulo de inversións que recibirá, teoricamente, o noso Concello en virtude dos orzamentos da Xunta de Galicia. Resulta especialmente curioso ler como se volven a anunciar inversións en obras que se suspenderon moi recentemente. É o caso do Centro de Día (350.000 euros), que quedara en suspenso hai tan só dúas semanas e media. Ou da cuberta da piscina (381.000 euros) que hai pouco máis de un mes a Xunta decidía suspender por mor da “política de axustes” logo de varios retrasos desde 2008.

Ademais destes anuncios, o PP di que destinará máis de un millón de euros para infraestruturas relacionadas co mar, que irían a parar ao porto de Tragobe e ás comportas do Saco de Fefiñáns. Tamén está prevista segundo eles a chegada de cartos para a depuradora. O anuncio de inversións, como adoita acontecer, ten lugar en precampaña electoral. Se se compara a inversión que a Deputación realizou na entidade privada Socidade Cultural, esta ascendería case á metade do que todos os departamentos da Xunta investirán en Cambados.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Outubro 2011
L M M X V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: