Cambados(tk) lanza esta sinxela pregunta para coñecer as diferentes propostas que os lectores teñades a ben compartir. Na primeira pregunta (de dúas) pódese escribir libremente para mencionar unha ou varias ideas que se poderían desenvolver en Cambados con eses cartos que a Deputación empregou en arranxar a sede dunha asociación privada.
Ademais, na segunda pregunta pídese ao lector que puntúe por orde de prioridades cales das últimas inversións das que se falaron nas últimas semanas (centro de de día, piscina, comportas, saneamento, Cultural…) son realmente necesarias. Os resultados, nuns días aquí. Preme para acceder á enquisa.
Hoxe é un día importante para a prensa dixital do país. Despois de meses de malas novas, de peches de diarios galegos e en galego como Galicia Hoxe, A Nosa Terra ou Xornal de Galicia, e de dixitais tan importantes como Vieiros.com e o propio Xornal.com, chegan as novas esperanzadoras. Presentouse onte á noite o novo xornal dixital Praza Pública, que nace cunha xustificación “A este país non lle convén o silencio”, cun modelo xornalístico plural e cunha liña que busca enriquecer o autogoberno e o cambio, o avance do país. Podes ver a presentación da web premedo aquí e mesmo apoiar a creación deste medio. Seguir lendo