Como xa se indicou noutra entrada desta web, o goberno local levou a pleno a suba xeralizada de taxas municipais. Todas se incrementaron, pero algunhas o fixeron ademais bastante por riba do 3% que marca o IPC, por exemplo a auga (13%), o mesmo que a recollida de lixo nas parroquias (para consultar todas as subas preme aquí).Pois ben, a pesar de que a prensa non quixo explicar con detalle que pasou nese pleno,é necesario resaltalo. A suba de taxas foi aprobada grazas aos votos do Partido Popular, que atallou coa súa maioría outras propostas como a feita como o BNG e que se detallará agora. O PSOE votou a favor da suba de impostos cando esta é igual ao IPC, como tamén se explicará a continuación. (Preme en Seguir Lendo)
O Bloque, pola súa parte, decidiu votar en contra das subas. En principio, Caamaño manifestouse a favor de que os impostos se actualicen conforme ao IPC pero sinalou que nos tempo que vivimos todas as subas, incluidas estas, deberían facerse de xeito progresivo, de xeito que os que teñen menos se vexan menos afectados. Deste xeito, Caamaño presentou ante o pleno unha proposta de exención e bonificación das taxas para ter en conta casos de emerxencia social, baixas rendas, desemprego, familias numerosas (podes ler a proposta íntegra aquí). Esta aposta pola progresividade das taxas foi rexeitada polo grupo de goberno. Ademais o BNG considera impropias as subas esaxeradas da auga e da recollida de lixo e manifestou que os cidadáns esperan que “os cartos dos seus impostos sexan ben administrados”. Algo que na súa opinión en Cambados choca con gastos como Xantar do Albariño e dos xubilados, viaxe a Arxentina, gasto da Deputación na Cultural… Respecto a isto último puxo un exemplo: un depóstio mancomunado de auga de 15.000 metros cúbicos valería 1M€, se o goberno decidira invertir este millón no depósito 80.000 persoas terían unha factura da auga máis económica, pola contra decidiuse favorecer a 390 socios (en referencia á Cultural).
Rafael Blanco, polo PSOE, centrouse en defender as subas conforme ao IPC e en criticar as demais. En concreto, para os socialistas a suba na recollida do lixo contrasta coa mala xestión que se fai dela. En concreto sinalan que se a recollida selectiva fora mellor habería un retorno de cartos (así como a recollida da bolsa verde é custosa, a amarela reporta beneficios pola reciclaxe). Respecto da suba da auga, que vén marcada pola Mancomunidade, Blanco sinalou que os cálculos feitos por este ente son “as contas da vella” e que non se axustan á realidade, posto que se incharon para que a Mancomunidade reciba beneficios pola recaudación, de até 500.000 euros. Algo que o socialista lembrou, “é ilegal”.
Conversa
Aínda non hai comentarios.