//
arquivo

Archive for

Entrevista a Manuel Paz, Xacobo Sanmartín e Manolo Paz sobre o documental “Un mar de pedra” (Novembro 2010)


Esta entrevista realizouse hai case un ano, cando se presentou en Cambados o documental de Xacobo Sanmartín e Manu Paz “Un mar de pedra” sobre o escultor e veciño Manolo Paz. Fíxose para o fancine Despregable, da Embaixada Prusiana, pero por diferentes motivos o proxecto atópase en standby e a entrevista nunca veu a luz. Agora, co recoñecemento a Manolo Paz como académico de Belas Artes e Premio Nacional da Cultura Galega, parece ser un bo momento para publicar aquela interesante conversa a catro.- Seguir lendo

Fefiñáns non terá cables


Unha nova moi esperada e tamén moi repetida sen até o de agora resultados, é a de soterrar o cableado eléctrico da Praza de Fefiñáns e arredores. Parece que chegou o momento, no cal o Concello cunha subvención europea vai acometer unha inversión que ademais de mellorar o entorno fará o propio respecto a calidade da rede eléctrica. Seguir lendo

O Colectivo Ecoloxista inspeccionará o río Umia


Farao este sábado 5 de Novembro dentro do Proxecto Ríos que a asociación ecoloxista Adega implementou hai xa anos e ao que o Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) se sumou en 2007. Este proxecto consiste na análise da situación dos ríos do país realizada cando menos dúas veces por ano e cunha metodoloxía en común.
O informe remítise á sede do proxecto e pode ser consultado máis adiante na súa web proxectorios.org. Entre outras cousas analízanse as características do bosque adxacente, da auga (velocidade, caudal, características químicas e físicas…), a aparición de construcións que poidan alterar o ecosistema ou fauna e flora que serven como bioindicadores da saúde do río. Seguir lendo

Dúas propostas


En plena campaña electoral todos os políticos fan propostas. Aquí van dúas dunha cidadá corrente, unha máis práctica e outra máis utópica e ámbalas dúas posibles (creo).

A primeira lina na sección de opinión dos lectores dun xornal, non lembro cal nin en que data pero pareceume acertada, facíaa unha muller. Na próxima xornada electoral,  por que non son persoas desempregadas as que estean nas mesas, e cobren polo tanto o que lles corresponde por ese labor?

A segunda refírese ao tema cultural que tan mal parado vai saír cos previsibles recortes futuros. Subvencionar a cultura está ben, se se fai ben, anque tod@s sabemos que non é así. Motivos “pouco obxectivos” priman case sempre no reparto dos fondos. Por que non aplicar un IVE  ultra reducido a todas as actividades culturais e exención fiscal total dos beneficios (ata un límite) ás empresas culturais. O noso País sería un paraíso fiscal cultural. Soa ben. Vós que opinades?

Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.

Nas redes sociais

Novembro 2011
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.