//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Maribel Iglesias

Dúas propostas


En plena campaña electoral todos os políticos fan propostas. Aquí van dúas dunha cidadá corrente, unha máis práctica e outra máis utópica e ámbalas dúas posibles (creo).

A primeira lina na sección de opinión dos lectores dun xornal, non lembro cal nin en que data pero pareceume acertada, facíaa unha muller. Na próxima xornada electoral,  por que non son persoas desempregadas as que estean nas mesas, e cobren polo tanto o que lles corresponde por ese labor?

A segunda refírese ao tema cultural que tan mal parado vai saír cos previsibles recortes futuros. Subvencionar a cultura está ben, se se fai ben, anque tod@s sabemos que non é así. Motivos “pouco obxectivos” priman case sempre no reparto dos fondos. Por que non aplicar un IVE  ultra reducido a todas as actividades culturais e exención fiscal total dos beneficios (ata un límite) ás empresas culturais. O noso País sería un paraíso fiscal cultural. Soa ben. Vós que opinades?

Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “Dúas propostas

  1. En canto a primeira proposta, e dada miña expericia profesional na Xunta Electoral de Zona de Cambados, xa se falou dese tema moreas de veces, e incluso se falou tamén de abrir un periodo para voluntarios e de non se cubrir rechealo con desempregados, pero a isto, non seis as razón, opoñense frontalmente PP e PSOE, sen o acordo da ambolos dous e imposible reformar a L.O.R.E.X.

    Preto da segunda proposta, nada que dicir totalmente dacordo contigo Maribel. Saudos.

    Posted by Chon | 05/11/2011, 2:06 pm
  2. Precisamente hai un par de anos leváballe eu a contraria a Chon por unha proposta semellante, a de que foran voluntarios. E de feito, sigo mantendo o argumento daquela sobre a limpeza das eleccións aínda que sexa “incómodo” para os que lle toca. (https://cambadostk.wordpress.com/2009/05/30/chon-fala-sobre-a-incomodidade-de-formar-parte-das-mesas-electorais-no-aturuxo/) Aínda así e dadas as circunstancias económicas e o índice de paro si que admito que agora non estaría de máis que de xeito excepcional se buscaran aos membros das mesas nas listas do INEM. O Estado desembolsa gran cantidade de cartos o día dos comicios entre outras cousas para pagar ás persoas das mesas, parece lóxico que nestes momentos se intente axudar aos que de verdade o necesitan aínda que sexa cun traballo de un día.

    Respecto á segunda proposta, tamén me parece boa idea.

    Posted by Óscar | 05/11/2011, 7:39 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Novembro 2011
L M M X V S D
« Out   Dec »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: