//
estás a ler...
., Cambados, Galiza

O Colectivo Ecoloxista inspeccionará o río Umia


Farao este sábado 5 de Novembro dentro do Proxecto Ríos que a asociación ecoloxista Adega implementou hai xa anos e ao que o Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) se sumou en 2007. Este proxecto consiste na análise da situación dos ríos do país realizada cando menos dúas veces por ano e cunha metodoloxía en común.
O informe remítise á sede do proxecto e pode ser consultado máis adiante na súa web proxectorios.org. Entre outras cousas analízanse as características do bosque adxacente, da auga (velocidade, caudal, características químicas e físicas…), a aparición de construcións que poidan alterar o ecosistema ou fauna e flora que serven como bioindicadores da saúde do río.

Respecto ao río Umia, o CES lembra que unha das grandes problemáticas é a aparición da microcistina, que pode contaminar a auga coa que se abastacen varios Concellos, e non pode ser detectada facilmente. Por iso solicitaron aos gobernos de varias vilas, entre outras Cambados, que realizar as análises e as fixeran públicas. De momento non obtiveron resposta, algo que segundo o CES “non deixa en bo lugar a súa política de prevención sanitaria.”.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Novembro 2011
L M M X V S D
« Out   Dec »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: