//
estás a ler...
., Cambados

O Concello incumpre a súa palabra e segue suplantando o Premio Cabanillas, outórgallo en 2011 a Manolo Paz


O goberno local anunciou a súa intención de distinguir ao escultor Manolo Paz pola súa traxectoria con motivo da celebración do aniversario do pasamento do poeta da raza. O ano pasado o Concello fixera o propio con Luís Rei, pero a forma de homenaxealo levantara polémica na vila xa que o goberno elixiu “Premio Ramón Cabanillas” como nome do galardón, e a asociación de libreiros leva moitos anos entregando este premio a diferentes persoeiros da cultura. Ademais ambas distincións teñen características moi semellantes, alén do nome.

O alcalde, Luís Aragunde, dixera o ano pasado que se trataba de “algo excepcional”, segundo La Voz de Arousa “que solo se convocó este año y que, por ahora, no volverá a repetirse”. Ademais queixábase de que non había ningún plaxio na iniciativa, tal e como denunciaran entre outros os libreiros ou mesmo desde a propia Cambados(tk). Mais este ano, e a pesar de que obvian as palabras “Premio Ramón Cabanillas”, o Concello volve a entregar dito galardón e segue, pola contra, sen convocar o premio literario que xerara unanimidade na súa aprobación e cuxas bases segundo o alcalde estaban a ser redactadas hai un ano.
Maribel Iglesias publica hoxe neste medio un artigo sobre o tema que recomendamos ler.

Conversa

One thought on “O Concello incumpre a súa palabra e segue suplantando o Premio Cabanillas, outórgallo en 2011 a Manolo Paz

  1. Como se chame a distinción no que vou a referirme e o de menos, o caso é que o agasallado a dia de onte(domingo) non sabia oficialmente nada foi comprar o xornal porque alguén lle chamou pa felicitalo enterandose a traves do mesmo.

    Posted by saidom | 07/11/2011, 10:01 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Novembro 2011
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: