O Concello de Cambados sorpréndenos unha vez máis cunha nova: a concesión do segundo premio Ramón Cabanillas a Manolo Paz. Parece entón confirmarse que este premio de recente creación se consolida, non como premio de poesía, tal como foi aprobado pola corporación municipal no 2009, senón coma un premio que se outorga a personalidades senlleiras da cultura cambadesa; pero para iso lembre o Sr. Alcalde que xa tiñamos outro premio outorgado polos libreiros cambadeses.
Quero pensar que é máis doado e barato para o Concello dar un premio de honra coma este que non ten dotación económica (creo) que organizar un premio de poesía con dotación en metálico, convocatoria de xurado (que hai que pagar) etc. etc. Se non é así é de supoñer que o motivo é que se fai por rebentar o outro premio; unha vez máis o Concello de Cambados en vez de sumar, divide.
Remato dicindo que Manolo Paz merece calquera premio que lle dean pola súa traxectoria artística porque é un magnífico escultor, pero é unha mágoa que non se lembraran “a título póstumo” de Luís Silvoso.
Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.
Conversa
Aínda non hai comentarios.