Ocorreu o pasado domingo en Vilariño. Persoal do Concello tiña que desprazarse á Casa de Cultura da parroquia de Vilariño, onde o Bloque Nacionalista Galego ía celebrar un mítin para explicar as súas propostas de cara ás eleccións xerais. O acto estaba aprobado pola Xunta Electoral pero ao non aparecer ninguén enviado polo Concello, tivo que suspenderse e a xente que acudira a el, marchar a casa. Seguir lendo
Este sábado 12 de Novembro terá lugar a inauguración da exposición Tempora tempore tempera, coa que diversos artistas (podes ver a lista completa premendo aquí) homenaxearán ao dono de Borrón 4, finado recentemente.
O día da inauguración, ademais das obras que se expoñerán na galería, terá lugar a lectura de poemas de Miguel Anxo Fernán Vello, Baldo Ramos e Saúl Otero nun acto que servirá para ilustrar a homenaxe que leva preparándose estas semanas. O fillo de Luís Silvoso, quen está levando o peso da organización da mostra, agradece máis unha vez a decisión coa que os artistas apoiaron a idea. A inauguración comezará arredor das 20 horas o sábado. A exposición poderá verse até o 3 de Nadal os xoves, venres e sábados en horario de tarde.