Ocorreu o pasado domingo en Vilariño. Persoal do Concello tiña que desprazarse á Casa de Cultura da parroquia de Vilariño, onde o Bloque Nacionalista Galego ía celebrar un mítin para explicar as súas propostas de cara ás eleccións xerais. O acto estaba aprobado pola Xunta Electoral pero ao non aparecer ninguén enviado polo Concello, tivo que suspenderse e a xente que acudira a el, marchar a casa.
O BNG denuncia os feitos porque considera que o goberno local quere entorpecer a campaña dos nacionalistas. Este actos, explican desde o BNG, son importantes porque permiten entrar en contacto cos veciños das parroquias de xeito moi próximo, a diferenza co que ocorre cos mítines masivos. O voceiro do BNG ironizou ao indicar que os actos do PP en Cambados non han contar con estas trabas cando se leven a cabo.
Conversa
Aínda non hai comentarios.