//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Víctor Caamaño

Paro: o Concello mira cara outro lado


Hai uns días, dábansenos a  coñecer os contundentes e demoledores datos do paro. Os números poñen de manifesto que en Cambados incrementouse, de xeito esaxerado, a cantidade de traballadores e traballadoras que van incorporándose ás listas do paro. Dos 1.299 parados e paradas pasamos nun mes a 1.341 parados/as actuais; o que supón un incremento de 42 persoas nun so mes e mentres o concello olla cara a outro lado.

O BNG pregúntase onde están as políticas de emprego da Xunta de Galiza e do concello de Cambados. O seu presidente, Núñez Feijoo,  prometía rematar co paro en Galiza en 45 días,  pero os números, agora, deixan  ollar claramente a nefasta xestión do PP na Xunta de Galiza e no concello de Cambados. E para mostra, non hai que ver máis a actitude do PP de Cambados diante dunha empresa como Alfageme, imprescindible na nosa comarca, e na que o PP de Cambados prefire ollar para outro lado e non ten a valentía suficiente de recoñecer que, a hora da verdade,  a quen  realmente defende  é ao Conselleiro de Industria e non os postos de traballo da conserveira.

Porque  neste momento, para calquera concello, debe ser prioritaria a dinamización económica para chegar a crear  emprego,  cousa que non fai o PP no noso concello. O PP non aplicou ningún tipo de política que puidera reactivar a economía e crear emprego e as consecuencias estanse a pagar hoxe. Crear emprego é o que prometeu Luís Aragunde na recente campaña das municipais, pero á hora da verdade, o alcalde de Cambados  é tan eficaz creando postos de traballo coma o seu antecesor no cargo. Pois non hai máis que recordar os máis de 1.000 postos de traballo que Tourís prometía crear co Polígono Industrial; un polígono que realmente serviu para os negocios dos especuladores e amigos do PP, mentres que as poucas empresas nel instaladas carecen, dez anos despois, dos servizos precisos grazas á incompetencia do PP.

A situación laboral é tan grave que desde o ano 2.009, 150 cambadeses e cambadesas tiveron que emigrar e abandonar o pobo. E entre eles, unha gran maioría de mozos e mozas con preparación, perdendo Cambados e Galiza todo o capital  que a súa marcha supón e a inversión que significou a súa formación e preparación. Porque os números cantan e o PP non se pode escusar, dos malos datos do paro e da emigración, botándolle exclusivamente a culpa á xestión do  PSOE no goberno do Estado; que tamén a ten.

Os datos do paro e da emigración en Cambados, son unha clara mostra de cómo a política da dereita é destrutora de emprego. Por iso compre apostar por quen defende políticas alternativas, políticas como as que estes días está a explicar o BNG aos veciños e veciñas do noso concello, políticas realistas para dinamizar a economía e crear emprego apostando polos nosos sectores produtivos.

Víctor Caamaño. Voceiro do BNG de Cambados. Podes ler o seu blog premendo aquí.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Novembro 2011
L M M X V S D
« Out   Dec »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: