O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, respondeu ao email no que trasladamos as vosas propostas verquidas na Mini Enquisa de CTK en relación ao gasto de un millón de euros na reforma da sede dunha sociedade privada como a Cultural. O email foi enviado a través do servizo O Presidente respóndeche nun prazo máximo de 10 días (que é de xustiza dicir que funciona) e nel, amosábaselle a Louzan a sua disconformidade coa inversión de “cartos de todos en beneficio dunha agrupación privada” , especialmente “cando vostede (por Louzán) e membros do seu partido político pregonan día si día tamén a necesidade dunha suposta austeridade”. Seguir lendo
O Refuxio de Animais enviou misivas aos gobernos locais da comarca do Salnés para indicarlles que a partires de agora os Concellos deberán aboarlle á entidade os gastos ocasionados pola acollida de animais abandonados. Isto ocorrerá o propietario do can non poida ser identificado. O prezo será de 120 euros por esterilizar, vacinar, desparasitar e colocar o microchip ao animal.
Se o dono é localizado, cobraráselle ademais cinco euros/día en concepto de “aloxamento e manutención”. Os responsábeis do Refuxio recordan que a entidade está a funcionar como canceira comarcal cando é municipal e sobrevive pola subvención do Concello de Cambados e os cartos dos voluntarios. A partir de agora estas tarifas entrarán en vigor.
O barrio de Fefiñáns está hoxe de noraboa, xa que se acaba de recuperar o curceiro que fora esnaquizado durante o pasado febreiro por unha elevadora. Seguir lendo