//
estás a ler...
., As entrevistas, Cambados, Galiza, global

Duarte Correa: “Galiza, co BNG, estará presente na política do Estado”


Duarte Correa, veciño de Oubiña, foi até 2009 responsábel comarcal do Bloque Nacionalista Galego no Salnés, ademais de participar activamente no sindicalismo a través da CIG-Ensino. Agora asume un novo reto integrando a candidatura do BNG ao Congreso dos Deputados, como número 5 en Pontevedra, nas eleccións do vindeiro domingo 20 de Novembro. Preme en “Seguir lendo” para ampliar.

O BNG encara as eleccións marcando diferenzas con PP e PSOE. Brevemente, en que se distingue o BNG do resto do panorama electoral?

O BNG é a única organización política que non recibe ordes de Madrid, poñemos os intereses de Galiza por diante mentres os outros empregan a nosa nación como moeda de cambio dos intereses estatais. Sendo ademais o BNG o único que se opón ás políticas de dereita practicadas por PP e PSOE. Por iso quen querira que Galiza teña forma en Madrid e quen defenda políticas de esquerda ten no BNG a súa opción de voto.

“Os deputad@s de PP e PSOE elexidos en Galiza son a procesión dos caladiños”
Volvendo a vista atras, que iniciativa(s) do BNG en Madrid destacaría? Foi útil o BNG?

A utilidade principal é que Galiza co BNG está presente na política do estado, e de non estar nós Galiza tampouco estaría, pois os deputad@s de PP e PSOE elexidos en Galiza son a procesión dos caladiños.
A nosa presenza en Madrid obrigou ao gobernó estatal e duplicar os investimentos en infraestruturas no noso país que pasaron dun 4% escaso a máis do 8% neste período; e a nosa denuncia e oposición fixo que medidas como a reforma laboral ou a reforma das pensións foran menos lesivas que os proxectos iniciais presentados polo goberno. Trasladar as  reivindicacións da industria naval ou dos sectores lácteo e pesqueiro son outros exemplos da nosa utilidade.

No contexto actual parece que todo o que está por vir son recortes de dereitos e emprobrecemento da calidade de vida. Hai alternativa fronte á crise?

Si, hai alternativa e esta pasa por un novo modelo económico que contemple un control público de sectores estratéxicos como enerxía ou comunicacións, uns orzamentos elaborados segundo criterios sociais, unha banca pública que favoreza o creto, a creación de riqueza en base á creación de emprego digno e non en base á especulación, e uns servizos sociais acordes co século XXI no que estamos. Hai que acometer unha reforma fiscal que obrigue a pagar máis ás rendas máis altas fronte á actual política de subir os impostos indirectos que gravan por igual a un mariñeiro que ao señor Botín.

Por poñer só dous exemplos, cos 2000 millóns de euros enterrados na guerra de Afganistan poderían construirse sete grandes hospitais públicos en Galiza, e  rebaixando o fraude fiscal das grandes corporacións a niveis europeos obteríamos anualmente 25.000 millóns de euros que son 10.000 millóns máis do que “aforrou” o estado en 2010 conxelando as pensións, rebaixando os salarios de traballadores públicos e eliminando axudas á dependencia.

É todo cuestión de prioridades e de que os  gobernantes elixidos polo pobo non sexan marionetas dos mercados e da gran banca.
“Reforma fiscal: que paguen máis as rendas máis altas”

Que opina o Bloque sobre o Senado? Continuidade, reforma, eliminación…?

O Senado na súa configuración actual non vale para nada, pero ese non é o problema primordial; hai que proceder a modificar a lei electoral facéndoa verdadeiramente proporcional, pasando a ser Galiza a circunscrición electoral, eliminado os mailings, estabelecendo debates obrigatorios nos que estea garantida a presenza de todas as forzas, etc…. E o Senado debe transformarse nunha cámara verdadeiramente representativa dun estado plurinacional ou debe desaparecer.

Alén das eleccións xerais, barállase un adianto electoral en Galiza. Está o BNG preparado para dar a batalla e recuperar a Xunta?

Se o BNG é a única garantía de presenza de Galiza nas Cortes con máis razón é a única forza con capacidade para enfrontarse a Feijóo en Galiza e para encabezar a transformación política, económica e social que precisa a nosa nación. O BNG está preparado para asumir ese reto.

Cambados(tk) tentou poñerse en contacto a través da rede (de igual xeito que con Duarte Correa) cos candidatos do PP, Telmo Martín, e PSOE, Manuel Vázquez, mais non se obtivo resposta.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Novembro 2011
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: