//
estás a ler...
., Cambados

A Xunta Electoral ameaza a Tourís e Aragunde cunha sanción


Unha denuncia deste fin de semana do BNG volve a poñer de manifesto que o PP realiza actos ilegais en campaña, tal e como ditaminou a Xunta Electoral de Zona (XEZ) de Cambados. Hai días acontecía o mesmo coa visita de Tourís á Cultural, e agora trátase da visita do delegado da Xunta e ex alcalde a obras de Beleco e Fefiñáns acompañado do actual rexedor, Luís Aragunde. Segundo a XEZ ambos incurren en actividades prohibidas pola normativa electoral, xa que se trata de visitas a obras financiadas con cartos públicos en campaña electoral.

A pesar de que na resolución se indica que, de incorrer nestas infraccións outra vez, haberá sancións, polo de agora tan só se pon de manifesto que as actividades realizadas polos cargos do PP non son legais e pídese que cesen. Curiosamente, o alcalde de Vigo (PSOE) foi multado con 300 euros ao comezo da campaña pola XEZ de Vigo por algo moi semellante. Desa volta tratábase dunha denuncia do PP, partido que en Cambados incumpriu a norma en tres ocasións desde as pasadas municipais. Porén, para a Xunta Electoral de Zona de Cambados aínda non é momento de sancionar. En Vigo, un concelleiro popular calificaba deste xeito ao seu alcalde: “No tiene respeto por el resto de los partidos políticos y no sabe jugar limpio”. A pregunta que queda sen respostar é por que as diferentes Xuntas Electorais non aplican as mesmas resolucións en casos practicamente idénticos.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Novembro 2011
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: