//
estás a ler...
., Cambados

65 traballadoras de Guau, á rúa


Esa é a mala nova que os xornais comarcais reflicten hoxe nas súas páxinas (recomendado o repaso á historia  asinado por Maruxa Alfonso na Voz). Sesenta e cinco traballadoras da conserveira Guau (cuxo nome é en realidade Alimentos Arousa agora) quedan sen empregos desde que o pasado 11 de Novembro a fábrica aparecera pechada. Din que de momento non se mobilizan porque non hai nin dirección nin empresarios contra os que manifestarse, pero desde a CIG si anuncian que presentarán demandas por despido improcedente.

A conserveira vai en camiño de sumarse á lista de empresas do sector que rematan por pechar. Lembrar que as traballadoras de Alfageme están nestes momentos loitando polo mantemento dos seus postos de traballo. Guau, antes localizada en San Tomé, xerara polémica durante os últimos anos porque fora adquirida por un grupo de coñecidos empresarios da vila con negocios urbanísticos, interesados en construir vivendas onde se erixía a antiga factoría. De feito, agora a empresa está no Polígono (grazas a unha subvención da Xunta de 3 millóns) e hai un ano o Concello aprobou unha modificación das Normas Subsidiarias que abre a porta á recualificación deses terreos.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Novembro 2011
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: