//
arquivo

Archive for

Agamar denuncia que o Patrón Maior recibiu 78.000 euros de xeito irregular


Benito González, segundo El País, tería recibido entre os anos 2008 e 2010 até 78.000 euros a través do seu posto de presidente da Federación Galega de Confrarías en concepto de “retribucións”, algo expresamente prohibido pola Lei. É por iso que a Asociación Galega de Mariscadores denunciou os feitos perante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e perante o Consello de Contas. Seguir lendo

Non me deixan votar


Esa é a sensación que teño no corpo. Non me permiten exercer o meu dereito ao voto. Vivimos nun país no que a única ocasión que nos brindan para opinar chámase xornada electoral e ocorre cada catro anos. Forma parte dun xogo viciado, no que o sistema de reparto e as circunscricións danlle a vantaxe aos dous partidos que o xestionan. Un sistema inxusto, no que o voto duns vale menos que o voto doutros, no que un escano do PP ou PSOE custa moitos menos votos que un do BNG, de ERC e sobre todo de EU. Por non falar da inexistencia total das demais opcións nos medios de comunicación, debates, etc.

Eu iso sabíao. Por iso a miña opción para o 20N é (era) clara. Para o Congreso, voto galego e de esquerdas, voto ao BNG. Non só por coincidencia ideolóxica senón por utilidade, porque en política é de xustiza premiar a quen o traballa. Fannos ver que todos son iguais, que a clase política “apesta”. En parte é certo, pero eu creo na política como xeito de cambiar as cousas, incluídas as que non me gustan no sistema actual. Por iso digo alto e claro que non todos son iguais do mesmo xeito que non todos os votantes somos iguais. Os deputados nacionalistas no Congreso comportáronse en realidade como deputados nacionais, xa que foron os únicos que exerceron de galegos e traballaron a favor da cidadanía deste país. Ademais, dentro do posíbel, inclinaron a balanza para impulsar políticas de esquerda ou rexeitar recortes da dereita (hoxe representada en PP e PSOE). Algo que beneficia á maioría dos cidadáns de España. O Bloque, como expoñía Duarte aquí hai uns días, propón unha saída da crise que non se leve por diante o que tanto custou construir. Defensa da sanidade e ensino públicos. Progresividade na fiscalidade, redución de gasto militar. Cambio na Lei Electoral. Unha alternativa clara á política que PP e PSOE comparten.

Estou a vivir nos Estados Unidos de xeito temporal, e por iso hai máis de un mes realicei no Consulado o papeleo necesario para poder votar, algo que por certo supón un gasto que desde logo estiven disposto a asumir. Logo de máis de un mes, non recibín as papeletas para poder emitir o meu veredito. Hoxe remata o prazo para envialo, polo tanto xa podo dicir que por vez primeira integrarei ese amplo porcentaxe de abstencionistas. No meu caso, forzoso. Retiráronme o minúsculo dereito de opinar cada catro anos. Seguramente digan que a culpa é de tal ou cal servizo de correos, mais o tempo, tivérono. Eu, este 20N, sinto que non contan comigo no meu país. E o inverno xa está aquí.

.

Óscar Pardo Planas. Preme aquí para ver todos os seus artigos.


Nas redes sociais

Novembro 2011
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.