//
arquivo

Archive for

Fotogramática, de X.M. Vila Ribadomar, preséntase este venres en Cambados


Falabamos hai uns días neste espazo da presentación do novo poemario do cambadés Xosé María Vila Ribadomar na Illa de Arousa, Concello onde reside. Agora é o turno da súa vila natal. A presentación levarase a cabo no Centro Comarcal Exposalnés o vindeiro venres día 25 de Novembro, comezando arredor das 20.30 horas. Terán lugar intervencións de Domingo Tabuyo, Emilio Xosé Ínsua e Saúl Otero, e,  a recadación polo venda do libro será adicada a fins sociais. Previamente, o autor cambadés publicou A Fraga do Pericardio (2001) e Peixes medievais (2004). Organizan as librarías Cabanillas e Contos.

Confírmase en Ribadumia que os desempregados poden quedar sen cobertura sanitaria


Unha circular pendurada no Centro de Saúde de Ribadumia desvela que o denunciado hai uns días pola CIG é certo: existe a posibilidade de quedar sen cobertura sanitaria de non ostentar un posto de traballo. Segundo este documento son 90 días (e non 12 meses como se dixo na prensa) os que pasan desde que que unha persoa queda sen prestación por desemprego até que se lles “cobrará pola atención médica recibida”, o que inclúe todas as consultas, urxencias ou hospitalizacións. Seguir lendo

Nas redes sociais

Novembro 2011
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.