//
estás a ler...
., Cambados, Galiza

Confírmase en Ribadumia que os desempregados poden quedar sen cobertura sanitaria


Unha circular pendurada no Centro de Saúde de Ribadumia desvela que o denunciado hai uns días pola CIG é certo: existe a posibilidade de quedar sen cobertura sanitaria de non ostentar un posto de traballo. Segundo este documento son 90 días (e non 12 meses como se dixo na prensa) os que pasan desde que que unha persoa queda sen prestación por desemprego até que se lles “cobrará pola atención médica recibida”, o que inclúe todas as consultas, urxencias ou hospitalizacións.

Hai varias maneiras de escapar a esta situación de non-cobertura. A máis doada é adscribíndose á tarxeta dun cónxuxe ou familiar co que resida. As outras dúas consisten en acollerse ao chamado Código 29 ou á tarxeta de Poboación sen recursos. O delicado do asunto é que para acollerse a estas modalidades, que ao final darían lugar á cobertura médica, é preciso segundo a CIG realizar trámites que ás veces duran até oito meses.Durante este tempo o cidadán quedaría desprotexido e tería que facerse cargo dos prezos que a Consellaría de Saúde publicou hai ben pouco no DOG. Desde a CIG critican ademais o “carácter deshumanizador do procedemento”, posto que non se notifica aos pacientes a súa desprotección até que acoden a unha consulta.

Os principais medios de comunicación fixéronse eco desta nova e nas redes sociais existe xa unha iniciativa para reclamar ao Presidente da Xunta (preme para asinar) que poña fin a esta situación escandalosa. Desde a CIG lembran que ademais do dereito constitucional á sanidade, “a Lei de Saúde de Galiza estabelece o dereito a atención sanitaria con cargo a fondos públicos e con cobertura universal”.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Novembro 2011
L M M X V S D
« Out   Dec »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: