Así o anuncia hoxe unha entrevista que tivo co ex deputado do PSOE o diario La Voz de Arousa. Domingo Tabuyo, secretario xeral do PSOE de Cambados (aínda que xa non voceiro no Pleno desde o pasado Maio, tralas eleccións municipais). Volverá á súa praza como profesor de Xeografía e Historia no instituto que leva o nome do famoso escultor.
Agradece do mesmo xeito ao PSOE a oportunidade que lle brindou ao poder ter sido deputado no Congreso desde 2004 até agora (coincidindo co período de goberno de Zapatero) e amósase decepcionado cuns resultados que di que o PSOE e o Goberno “non merecían”. Na entrevista repasa tamén algúns dos “logros” do Goberno para coa comarca, el resalta a rexeneración da Lanzada, a equiparación da RAG coas academias basca e catalá canto á financiación estatal e a protección do Albariño fronte aos viños de mesa. Podes ler o documento de La Voz premendo aquí.
Esta claro que no lo merecia, tendría que ser menos…..