//
estás a ler...
., Galiza

A USC xoga coa investigación: 17 persoas en risco de perder o seu traballo


A Universidade de Santiago de Compostela é líder no noso país e unha parte importante desta institución radica na investigación. A través do Programa Isidro Parga Pondal, a USC captou persoal investigador en forma de bolsas-contrato que tras un período de tempo deberían rematar en contratos estábeis se superan  a correspondente avaliación.

Hai 17 persoas que levan cinco anos baixo ese estatus e agora vén perigar o seu futuro dado que o equipo de goberno da USC non ten intención de cumprir ese acordo de contratar aos que teñan superado a finais do mes de Nadal a avaliación pactada. Os datos son claros, esas 17 persoas publicaron 331 artigos en revistas científicas, rexistraron 9 patentes, dirixiron 13 teses doctorais e coordinan 16 proxectos que captaron un financiamento que ascende ao millón de euros, do cal o 15-20% vai parar as arcas da USC directamente. Por todo isto hai unha campaña activa na rede para pedirlle á Reitoría da USC que recapacite e asuma eses contratos, que por outra banda contan co apoio económico da Xunta. Podes apoiar esta iniciativa asinando online.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Decembro 2011
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: