//
estás a ler...
., Cambados

Por Dereito gaña un concurso cun vídeo pola inclusión


A Asociación Por Dereito vén de gañar un concurso de vídeos pola inclusión organizado por FEAPS, unha organización en favor dos dereitos de persoas con discapacidade mental en Madrid, a Escola da Cinematografía e do Audiovisual da Comunidade de Madrid e a Obra Social de Caja Madrid. Dos 60 traballos presentados, 15 pasaron á fase final e houbo un premio dotado con 700 euros concedido por un xurado e outro de 1.000 euros concedido polos internautas. Este último foi o que recibiu a asociación do Salnés de pais e nais de nenos con trastornos do espectro autista e da comunicación.

O vídeo presentado a concurso por Por Dereito foi realizado por un membro da asociación, Rafael Aguín, e por Santiago Pereira e transmite a mensaxe “Todos somos iguais, todos precisamos de axuda, ti, e ti, e ti…con axuda todos podemos”. Nel participan ademais varios pais e nais da asociación cos seus fillos. Desde a asociación dan as grazas a tod@s quen votaron polo seu vídeo e polo recoñecemento acadado. Animan tamén a entrar na web da organización convocante para visualizar todos os traballos que chegaron á final. Podes ver o vídeo de Por Dereito aquí mesmo:

Advertisements

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: MATERIALES EDUCATIVOS (TEA) | capacidadestea - 13/05/2013

  2. Pingback: Recursos digitales útiles para trabajar con autistas (TEA) - - 16/10/2014

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Decembro 2011
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: