//
arquivo

Archive for

A páxina web oficial do Concello de Cambados segue a ser inútil para o cidadán


Escribiuse moito sobre este tema desde que existe Cambados(tk). A web oficial do Concello, que nun principio nin sequera era accesíbel, mellorou tímidamente até estancarse de xeito permanente. Hoxe, a páxina de Cambados non contén máis información que xeralidades acerca de servizos públicos e números de teléfono, información breve sobre a composición da Corporación, e un número máis ben reducido de novas, que polo xeral non son máis que propaganda gubernamental as máis das veces con presenza do alcalde Luís Aragunde. Seguir lendo

Solución definitiva para Esperanza Salnés


Cada ano por Nadal, como si do anuncio do “almendro” se tratara, aparécenos na prensa o Xerente de Esperanza Salnés Augusto Chaves, para dicirnos  que as subvencións esgótanse e se non chegan fondos por algunha vía a asociación terá que pechar as súas portas no prazo de dous meses. Augusto Chaves, que, como noutras ocasións, viuse obrigado a recorrer aos medios de comunicación para dar un «toque de atención» á Administración. Non ha tardar moito en aparecer o Rei Midas “Louzán” en escena e o seu lacallo Luís Aragunde amigo de Augusto, para facer entrega dentro dunhas datas a Esperanza Salnés dun cheque por non sei cantos cartos, aparecendo Louzán novamente como “salvador” de Esperanza.

É unha película que lamentablemente se repite cada ano. A min gustariame ver a Augusto Chaves, do cal eu non poño en dúbida para nada a súa valía nin tampouco o seu traballo e non son quen, poñer os políticos no seu sitio so me lembro que nunha ocasión Augusto criticou os políticos  concretamente a Xunta de Galicia cando lle deron no 2007  catro mil euros, da parte de vicepresidencia naquela nas mans do BNG, a mesma cantidade que lle dou este ano a xunta do PP, pero claro era o bipartito e entón non lle doeron prendas en criticalos, e agora que o PP vólveo a ter abandonado porque  non critica Augusto tamén a situación.

Porque Augusto non critica que se lle concedan un millón de euros a unha entidade privada como a Sociedade Cultural que atende 399 socios e maioría deles xubilados e en troques ten abandonada a Esperanza Salnés, e sempre a espera de recibir unha misera subvención ou apartacións de particulares como o famoso calendario. Augusto non pode facer iso porque definiuse politicamente o apoiar sen ningún xénero de dúbidas a candidatura de Luís Aragunde  o saír no seu vídeo promocional nas pasadas  eleccións locais. Augusto non pode criticar a quen admira ainda que este o faga mal é o prezo de apoiar publicamente unha candidatura cando eres o Xerente dunha entidade que en principio debe ser apolítica. Eu coido que as administracións debían de coller dunha vez o toro polos cornos e deixar estabilizada dunha vez por sempre a situación de Esperanza Salnés de deixarse de sacar cada ano unha foto como salvadores de asociación.

Podes ler todos os artigos sobre Esperanza Salnés publicados en CTK nos últimos anos premendo aquí.

Xaquín Charlín. Le todos os seus artigos premendo aquí.

Tamén podes seguilo no seu blog, A ti meu Cambados

“Coa sombra do teu nome”, un libro de Pío Dalonga


O pasado venres fun ao Grove á presentación na Casa de Cultura dun libro de  Pío Dalonga (pseudónimo de Manuel Guillán Besada), “Coa sombra do teu nome”, outra publicación de Miguel Muñiz e a súa editorial Todogrove edicións, iniciativa cultural de enorme mérito nos tempos que corren.

A presentación do libro estivo a cargo de Luís Rei, outro incansable da cultura, que describiu o libro como unha novela de amor, de amor platónico. Tomado este concepto no seu sentido mais superficial, é dicir ese amor que non pasa da idealización do ser amado, pero tamén no sentido mais profundo da filosofía platónica. Esa filosofía dualista que distingue dúas realidades, a que percibimos cos sentidos, falsa e impura, e a que se percibe a través da intelixencia. E Luís coa súa fina e intelixente ironía atopou na novela un dos símbolos de Platón: a caverna, a cova, anque neste libro a coba platónica é con “b” e agacha o acrónimo de “Colexio Oficial de Borrachos Alustrados”. E isto xa dá pé a cambiar o ton desta crónica e achegarnos a esta obra na que non aparecen sesudas reflexións filosóficas senón realidades traxicómicas como a vida mesma, e non  por iso menos acertadas; que son dous xeitos de ver a vida, dúas caras da mesma moeda, a da intelixencia e a da paixón, como tamén cría Platón, anque el pensaba que a válida era a primeira.

Pío Dalonga dixo na presentación que este libro non o escribiu el, só é un relato certo de como sucederon uns feitos un verán do mil novecentos noventa e tantos. Dixo que tampouco era unha novela de amor, porque non chegou a haber tal cousa, anque Luís moi atinadamente recitou aqueles versos de Neruda que din: “ Yo la quise, y a veces Ella también me quiso”. Non é este libro segundo o autor unha crónica de amor, quizais si de desamor, o berro inocente dunha alma soa e desamparada que afogou as súas penas “cunha rubia holandesa chamada Heineken”. Pío lembroume aos pallasos da miña infancia, esas figuras, tenras, tristes e desvalidas que nos facían rir doadamente porque a angustia e a desesperación lindan co humor que fai rir a escachar, só os separa unha liña fina, igual de fina que a que separa a cordura da tolemia, que é o punto exacto no que agroma a arte, a literatura e  en definitiva a creación humana e o coñecemento. Aí nese punto atópase Pío, aí onde as musas inspiran ao artista a verdadeira literatura.

En fin que disfrutei moito indo ao Grove a escoitar a Luís, a Pío e a Miguel, rindo a escachar e lendo esta estupenda novela de non amor, que recomendo.

Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.

Nas redes sociais

Decembro 2011
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.