//
estás a ler...
., Cambados

A páxina web oficial do Concello de Cambados segue a ser inútil para o cidadán


Escribiuse moito sobre este tema desde que existe Cambados(tk). A web oficial do Concello, que nun principio nin sequera era accesíbel, mellorou tímidamente até estancarse de xeito permanente. Hoxe, a páxina de Cambados non contén máis información que xeralidades acerca de servizos públicos e números de teléfono, información breve sobre a composición da Corporación, e un número máis ben reducido de novas, que polo xeral non son máis que propaganda gubernamental as máis das veces con presenza do alcalde Luís Aragunde.

Respecto a este último apartado, as novas, cómpre dicir que a web oficial atravesa por tempadas nas que a actualización é mínima. Agora mesmo, por exemplo, contén tan só seis novas desde o 28 de Outubro. Por estabelecer comparacións, webs como Cambados.tk (41 novas entradas), Cambadosweb (66) ou A ti meu Cambados (157), que teñen á fronte a persoas adicadas voluntariamente e sen remuneración, superan de xeito incrible o índice de actualizacións da páxina oficial no mesmo período de tempo.

E é grave sabendo que o Concello de Cambados dispón nesta lexislatura de dúas persoas encargadas da comunicación, un Asesor de Comunicación e un Auxiliar. O primeiro cun soldo de 28.803,04 € e o segundo 18.409,16€ (fonte: A ti meu Cambados) sen contarmos as horas extras. Un equipo de prensa que desde logo un Concello do tamaño de Cambados non precisa e que resulta escandaloso tendo en conta a utilidade da web oficial arriba mencionada.

E que web sería útil? Unha páxina debe, en todo caso, permanecer actualizada. Internet é ante todo inmediatez. A web do Concello debe amosar de xeito actualizado as convocatorias públicas de todo tipo, especialmente de emprego e de obras. Neste sentido indicar que unha das mellores características da actual páxina e que conta cun apartado semellante, aínda que descoñezo se verdadeiramente se inclúen todas as convocatorias, e ademais atópase cáseque “agachada” como se non se quixera acceso a ela.

Ademais, unha web do Concello debería permitir aos cidadáns de Cambados realizar trámites a través dela sen necesidade de acudir persoalmente á Calzada, como xa se fai noutros municipios. No referente á transparencia e democracia, a páxina debería conter de xeito claro todos os datos económicos do Concello, os orzamentos desglosados, as contas presentadas. É dicir, que o cidadán poida saber en que e como se gastan os seus cartos.
Por outra banda sería moi positivo que un tivera acceso a toda a información de cada Pleno, mocións presentadas por cada grupo, posicións e resultado das votacións. E, por que non? Un espazo para cada grupo municipal para achegar a súa opinión sobre temas de actualidade no Concello.

E todo isto con bidireccionalidade. Internet non pode reducirse a lanzar información “ao vacío”. Non estamos ante xornais convencionais. Internet supón unha conversa, que no caso dos gobernos locais debería ser moi frutífera para coñecer como responde o pobo ante as decisión tomadas, e que ideas poden achegar os cidadáns. Plataformas diferentes nas redes sociais (Facebook, Twitter…) permiten manter este tipo de conversas se se implementan con naturalidade. Cousa que, por desgraza, poucas veces acontece cos políticos.

Relacionadas

As webs oficiais do Salnés (reportaxe de Cambadosweb) – Agosto 2010

O Concello emprega a web de Cambados para promocionar o Partido Popular – Marzo 2010

Cambados.es: el sitio está desactivado por tareas de mantenimiento – Febreiro 2009

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Decembro 2011
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: