A revista dixital A Buxaina está de aniversario. Cumpre agora o seu primeiro ano de vida como proxecto do Departamento de Ciencias do IES Asorey, e faino con éxito tralas doce edicións que se publicaron até agora na rede. Boas mostra disto son as máis de trescentas persoas que colaboraron até o de agora con A Buxaina, entre os que se atopan alumnos do Asorey, ex alumnos, profesores do centro e tamén xente de fóra. Seguir lendo