A revista dixital A Buxaina está de aniversario. Cumpre agora o seu primeiro ano de vida como proxecto do Departamento de Ciencias do IES Asorey, e faino con éxito tralas doce edicións que se publicaron até agora na rede. Boas mostra disto son as máis de trescentas persoas que colaboraron até o de agora con A Buxaina, entre os que se atopan alumnos do Asorey, ex alumnos, profesores do centro e tamén xente de fóra.
Entre os contidos podemos atopar este ano temas relacionados coa química desde varios puntos de vista (conmemórase, lembremos, o Ano da Química), co cambio climático, ou mesmo rutas a realizar por entornos naturais. Este xornal dixital tamén pon á nosa disposición cantidade de imaxes e vídeos para ilustrar os interesantes temas que nel se tocan. Non deixes de visitar A Buxaina.
Conversa
Aínda non hai comentarios.