//
estás a ler...
., Cambados

Plaxio dunha iniciativa solidaria en Cambados?


Publicaba onte o Diario de Arousa que a Asociación Xuvenil Retranca poñía en marcha unha iniciativa solidaria para este Nadal en Cambados, denominada “kilo-litro”, coa participación de Cáritas e diversos supermercados da vila. Os cambadeses poderían depositar neses locais comerciais alimentos para os que menos teñen.
Pero onte mesmo pola tarde, o Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas, Isma Agra, manifestaba que  a organización que dirixe puxérase recentemente a organizar unha actividade case idéntica, con colaboración de supermercados (tamén de centros de ensino) e a través tamén de Cáritas. O Concello estaba ao corrente posto que as XSG querían pór a disposición dos cambadeses un punto central de recollida ademais dos supermercados e colexios e para iso pensaran no Auditorio. Aínda que non recibiran resposta ao escrito pedindo este espazo, si falaron directamente co Tenente de Alcalde, que prometeu consultalo.

Os mozos do PSOE enteráronse pola prensa da iniciativa de Retranca, moi semellante, e amósanse perplexos posto que cando eles se achegaron a Cáritas para coordinar a actividade, non se lles comentou que houbera outra asociación planeando unha acción tan parecida. Así e todo, este Nadal os cambadeses disporán dos dous proxectos (de Retranca e Xuventudes) para doar alimentos (e xoguetes no segundo caso) para quen máis o necesita.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Decembro 2011
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: