Un deles é o creado por Jacobo Aragunde, que tras varios anos de docencia decide pór a disposición de quen o precise diverso material sobre Pedagoxía Terapéutica, a súa especialidade. ReforzoPT, como se titula o espazo, conterá diversas ferramentas que Jacobo foi empregando para motivar aos rapaces con dificuldades e inculcar hábitos de traballo, e serán útiles para outros profesores, alumnos, nais e pais… Podes visitar o blog premendo aquí.
O segundo blog é o iniciado pola xornalista cambadesa Carolina Laya. Chámase Comparte todas tus ideas e actualizarase dúas veces por semanas con temas de actualidade, política, deportes, sociedade…e a idea é que o lector interactúe e amose a súa opinión sobre cada tema (de aí o título do blog). Preme aquí para acceder a el. Ademais, ten creado tamén outro blog en galego tamén de carácter xornalístico e que podes acceder premendo neste enlace.
Conversa
Aínda non hai comentarios.