//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Maribel Iglesias

Sobre transparencia


Comentaba Óscar fai uns días neste mesmo lugar as deficiencias da páxina web do Concello de Cambados e o feito de que non se empregue precisamente para favorecer o contacto cos veciños e a transparencia. Pola páxina de Chon  enterámonos tamén estes días dalgunhas das contas (só algunhas) da festa do albariño, contas que Vitor Caamaño leva pedindo reiteradamente. Así que é interesante a nova que aparece hoxe nos xornais como El País de que a Casa Real vai a ser mais transparente a partir de agora, e que a través da súa web fai dar unha información detallada (veremos como de detallada) dos seus ingresos e gastos. Nese mesmo artigo cóntase como case todas as casas reais europeas subministran esta información dende hai anos, dise que a raíña inglesa chega a especificar o que se gasta en perruquería e calefacción. Así que me alegro desta decisión do Rei, anque esta chegue forzada polas circunstancias dun proceso xudicial en marcha no que aparecen varias persoas da familia real. Como dicía Peces Barba onte nunha entrevista na radio, o Rei está poñendo a venda antes da ferida para evitar males maiores.

Pero volvamos a Cambados, se o vai facer a Casa Real, non sería posible que o noso alcalde-presidente dun pobo de pouco máis de 13.000 habitantes puxese tamén unha información detallada de gastos e ingresos na páxina do Concello?. Eu creo que sería doado, e se non se fai, que non nos enganen, é porque non lles da a “real gana”, porque aos políticos, sobre todo aos malos, gústalles dispor a discreción dos fondos públicos (ou sexa de todos), é dicir, gastar o diñeiro como lles pete e sen dar explicacións a ninguén. Así que hai que recordarlle unha vez máis á nosa clase política o artigo 2.1 da Constitución, ese que di:

 “La soberanía nacional reside en el pueblo español, del que emanan los poderes del Estado”. O Rei debeu de botarlle unha ollada estes días nos que se conmemoraba a súa aprobación. A ver se hai sorte e o señor Aragunde o fai tamén.

Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.

Advertisements

Conversa

3 thoughts on “Sobre transparencia

  1. E que hai tal chanchuullo na documentación que nos entrega o concello que a veces temos que adivinala outras veces sae a contagotas, en fin tedes toda a razón ti e mais Oscar. Saudos.

    Posted by Chon | 14/12/2011, 1:38 am
  2. Vou a poñerme ás botas para mollarme… é certo que ás institucións deberian ser máis claras coas contas, máis transparentes, sobre todo nestes tempos que e moi doado, e estou seguro que así será nun futuro a medio prazo…pedirlle ao noso alcalde que faga públicas unhas contas que niguén máis fai, imaxino que o poñería nunha situación complicada dentro do seu partido, non olvidemos que os políticos teñen no seu ADN a palabra “sobrevivir” antes que a da “transparencia”.

    A web do Concello e francamente mellorable, pero iso ten un custe, unha boa web ten un prezo elevado e un mantemento de xestión, ¿pode asumilo o Concello ou outro organismo vía subvención agora mesmo? non o sabemos.

    A transparencia debería ser por lei, todo cidadán que así o quixese debería de poder acceder as contas das administracións, porque son os seus impostos os que ás manteñen. Iso coa informática de hoxe en día sería moi doado, darlle a un click.

    Os cidadáns temos leis para case todo, a nosa vida está bastante normalizada, en cambio o poder lexislativo ten bastante manga ancha co tema das “interpretacións da ley” si é que hai.

    Por poñer un exemplo na administración local, non me parece normal que sexa o propio alcalde o que tome a decisión sobre canto vai a gañar polas labores que desempeña. Iso, entre outras moitas cousas, debería de formar parte dunha lei, e con isto non quero decir que teñan que ser mileuristas, senon algo axeitado ao tamaño do Concello que representan.

    Posted by Isma | 17/12/2011, 3:31 am
    • Isma sen ter moita idea diríache que non creo que ter unha boa web sexa moi caro. Cambados tk por exemplo é unha boa web, que informa bastante máis que a do Concello sobre o que acontece en Cambados, que ten máis participación cidadá, que se actualiza regularmente e que seguro que sae bastante máis barata que a do Concello. Non creo que sexa unha cuestión de poder senón de querer. Si estou dacordo contigo que sería un “perigoso” precedente para outros Concellos e demais institucións do Estado, pero que a Casa Real o faga é un bó sinal . Estou convencida de que ao final o sentido común sempre se impón e como non hai excusa porque as novas tecnoloxías o permiten veremos a publicación das contas de todas as Institucións do Estado, sexa en 1, 3, 5 ou 10 anos, chegará. Seguro. Eso sí canto antes chegue… menos despilfarro do noso diñeiro.

      Posted by maribel | 18/12/2011, 9:47 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Decembro 2011
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: