Resulta cando menos paradóxico que (aínda que como de costume) a comezos do mes de Nadal sigamos sen dispoñer de información desglosada e pública sobre as contas da festa do Albariño de 2011. E van catro meses. Até o de agora a maior parte de informacións chegan por medio da oposición ou neste caso, do blog A ti meu Cambados de Xaquín Charlín (tamén concelleiro) que a contagotas van filtrando a pouca información da que podemos dispoñer.
Mentres a web do Concello segue sen servir como ferramenta útil de información e transparencia (comentábamolo esta semana en CTK) temos que ir recopilando os datos que foron chegando nos últimos meses. Neste documento PDF podes ler algunhas das partidas que o Concello destinou este ano na Festa do Albariño. Nel pódese ver o que custaron os concertos de Dover ou Muchachito (non se inclúen por tanto todos os concertos), así como os fogos, a propaganda en radio, xornais e televisión, as horas extras do persoal do Concello…
Conversa
Aínda non hai comentarios.