Benito Fernández, da coñecida Florería Hedra de Santo Tomé, visitou o programa A Solaina da Televisión de Galicia no día de onte. Fíxoo para presentar un centro de mesa para Nadal creado con produtos naturais de tempada (o produto principal é a agulla de piñeiro).
A finais desta semana escollerase cos votos dos espectadores un centro entre varios presentados, que permanecerá no programa durante estas vacacións de Nadal. A Florería Hedra é coñecida polo seu bo traballo e orixinalidade, tendo gañado premios en certames do sector (por exemplo en varias ocasións na Semana Verde de Silleda, Benito fíxose co premio ao mellor ramo de noiva).
Deuse a casualidade de que no mesmo programa, xusto despois de aparecer a Florería Hedra en antena, dedicáronse uns minutos ao certame de sumilleres La Nariz de Oro no que participou o cambadés José Luís Aragunde (propietario da viñoteca Ribeira de Fefiñáns), que por certo quedou clasificado como un dos dez mellores sumilleres de Galiza e acudirá a Madrid á fase final en Xuño do vindeiro ano. Preme aquí para ver o programa (lembra que tes que avanzar até o minuto 57 para ver estes contidos).
Oscar, grazas polo teu apoio e grazas tamén a todalas persoas que me viron e me apoiaron toda ésta semana. BO NADAL¡¡¡¡
Benito, non sei como quedou finalmente a votación (e aínda non colgaron o programa de onte) pero o que está claro é máis unha vez amosaches o voso gran traballo. Ten un moi bo Nadal e mellor ano!
Y esto es arte floral!!!???? Qué venga Dios y lo vea, no tiene nada de estilo, ni colorido ni nada de nada, y sobre todo nada de sentimiento. es lo que pasa con gente que no tiene ni idea y que de gurú en decoración floral. A plantar patatas!!!!