//
estás a ler...
., Cambados

Víctor Caamaño (BNG) pregunta polo convenio da Cultural


Logo de que se re-inaugurara a sede da Asociación Cultural de Cambados este fin de semana, o tema da obra volve á actualidade política da vila. No último pleno do ano de mañá xoves o líder da oposición, Víctor Caamaño, referirase a esta cuestión. Primeiro, para emitir a súa queixa porque non se convidara ao acto de apertura aos representantes dos demais partidos políticos. Engade Víctor que desde o BNG non entenden máis unha vez esta actuación sectaria, por moito que o Bloque criticara a desproporcionada inversión nunha asociación privada cando as Administracións Galegas descuidan en Cambados temas prioritarios como os servizos sociais.

Ademais, Caamaño pregúntalle ao Concello polo suposto convenio que o Concello e a Cultural asinaron para permitir que os cidadáns teñamos acceso ás novas instalacións da asociación sen necesidade de seren membros dela. Lembremos que a existencia deste convenio foi a xustificación de Luís Aragunde para o alto volume de cartos públicos invertidos na asociación de carácter privado. O BNG quere acceder a ese documento. Noutra orde de cousas, o Bloque tamén pregunta pola creación do Consello Escolar Municipal, que foi aprobado por unanimidade hai un ano e segue a día de hoxe sen constituir.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Decembro 2011
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: