Será este sábado 17 de Nadal a partires das 23.30, trátase doutra entrega da serie de concertos Jazzerz que deron comezo hai recentemente no Rif (Infantas 13).
Trio Phil está composto por Manuel Méndez (guitarra), Noli Torres (batería) e Rubén Iglesias (baixo).
Benito Fernández, da coñecida Florería Hedra de Santo Tomé, visitou o programa A Solaina da Televisión de Galicia no día de onte. Fíxoo para presentar un centro de mesa para Nadal creado con produtos naturais de tempada (o produto principal é a agulla de piñeiro). Seguir lendo →
Resulta cando menos paradóxico que (aínda que como de costume) a comezos do mes de Nadal sigamos sen dispoñer de información desglosada e pública sobre as contas da festa do Albariño de 2011. E van catro meses. Até o de agora a maior parte de informacións chegan por medio da oposición ou neste caso, do blog A ti meu Cambados de Xaquín Charlín (tamén concelleiro) que a contagotas van filtrando a pouca información da que podemos dispoñer. Seguir lendo →
Comentaba Óscar fai uns días neste mesmo lugar as deficiencias da páxina web do Concello de Cambados e o feito de que non se empregue precisamente para favorecer o contacto cos veciños e a transparencia. Pola páxina de Chon enterámonos tamén estes días dalgunhas das contas (só algunhas) da festa do albariño, contas que Vitor Caamaño leva pedindo reiteradamente. Así que é interesante a nova que aparece hoxe nos xornais como El País de que a Casa Real vai a ser mais transparente a partir de agora, e que a través da súa web fai dar unha información detallada (veremos como de detallada) dos seus ingresos e gastos. Nese mesmo artigo cóntase como case todas as casas reais europeas subministran esta información dende hai anos, dise que a raíña inglesa chega a especificar o que se gasta en perruquería e calefacción. Así que me alegro desta decisión do Rei, anque esta chegue forzada polas circunstancias dun proceso xudicial en marcha no que aparecen varias persoas da familia real. Como dicía Peces Barba onte nunha entrevista na radio, o Rei está poñendo a venda antes da ferida para evitar males maiores.
Pero volvamos a Cambados, se o vai facer a Casa Real, non sería posible que o noso alcalde-presidente dun pobo de pouco máis de 13.000 habitantes puxese tamén unha información detallada de gastos e ingresos na páxina do Concello?. Eu creo que sería doado, e se non se fai, que non nos enganen, é porque non lles da a “real gana”, porque aos políticos, sobre todo aos malos, gústalles dispor a discreción dos fondos públicos (ou sexa de todos), é dicir, gastar o diñeiro como lles pete e sen dar explicacións a ninguén. Así que hai que recordarlle unha vez máis á nosa clase política o artigo 2.1 da Constitución, ese que di:
“La soberanía nacional reside en el pueblo español, del que emanan los poderes del Estado”. O Rei debeu de botarlle unha ollada estes días nos que se conmemoraba a súa aprobación. A ver se hai sorte e o señor Aragunde o fai tamén.
O Taller Lumière do instituto cambadés Asorey gañou o primeiro premio do Certame Audiovisual do Liceo Casino de Vilagarcía na modalidade de documental polo seu traballo titulado Asorey. Este vídeo, do que xa falaramos hai unhas semanas en Cambados(tk), proxectouse nas exposicións homenaxe ao escultor de Cambados tanto no Pazo Torrado como en Compostela. Seguir lendo →
Un deles é o creado por Jacobo Aragunde, que tras varios anos de docencia decide pór a disposición de quen o precise diverso material sobre Pedagoxía Terapéutica, a súa especialidade. ReforzoPT, como se titula o espazo, conterá diversas ferramentas que Jacobo foi empregando para motivar aos rapaces con dificuldades e inculcar hábitos de traballo, e serán útiles para outros profesores, alumnos, nais e pais… Podes visitar o blog premendo aquí. O segundo blog é o iniciado pola xornalista cambadesa Carolina Laya. Chámase Comparte todas tus ideas e actualizarase dúas veces por semanas con temas de actualidade, política, deportes, sociedade…e a idea é que o lector interactúe e amose a súa opinión sobre cada tema (de aí o título do blog). Preme aquí para acceder a el. Ademais, ten creado tamén outro blog en galego tamén de carácter xornalístico e que podes acceder premendo neste enlace.
Publicaba onte o Diario de Arousa que a Asociación Xuvenil Retranca poñía en marcha unha iniciativa solidaria para este Nadal en Cambados, denominada “kilo-litro”, coa participación de Cáritas e diversos supermercados da vila. Os cambadeses poderían depositar neses locais comerciais alimentos para os que menos teñen.
Pero onte mesmo pola tarde, o Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas, Isma Agra, manifestaba que a organización que dirixe puxérase recentemente a organizar unha actividade case idéntica, con colaboración de supermercados (tamén de centros de ensino) e a través tamén de Cáritas. O Concello estaba ao corrente posto que as XSG querían pór a disposición dos cambadeses un punto central de recollida ademais dos supermercados e colexios e para iso pensaran no Auditorio. Aínda que non recibiran resposta ao escrito pedindo este espazo, si falaron directamente co Tenente de Alcalde, que prometeu consultalo. Seguir lendo →
A revista dixital A Buxaina está de aniversario. Cumpre agora o seu primeiro ano de vida como proxecto do Departamento de Ciencias do IES Asorey, e faino con éxito tralas doce edicións que se publicaron até agora na rede. Boas mostra disto son as máis de trescentas persoas que colaboraron até o de agora con A Buxaina, entre os que se atopan alumnos do Asorey, ex alumnos, profesores do centro e tamén xente de fóra. Seguir lendo →
Escribiuse moito sobre este tema desde que existe Cambados(tk). A web oficial do Concello, que nun principio nin sequera era accesíbel, mellorou tímidamente até estancarse de xeito permanente. Hoxe, a páxina de Cambados non contén máis información que xeralidades acerca de servizos públicos e números de teléfono, información breve sobre a composición da Corporación, e un número máis ben reducido de novas, que polo xeral non son máis que propaganda gubernamental as máis das veces con presenza do alcalde Luís Aragunde. Seguir lendo →
Cada ano por Nadal, como si do anuncio do “almendro” se tratara, aparécenos na prensa o Xerente de Esperanza Salnés Augusto Chaves, para dicirnos que as subvencións esgótanse e se non chegan fondos por algunha vía a asociación terá que pechar as súas portas no prazo de dous meses. Augusto Chaves, que, como noutras ocasións, viuse obrigado a recorrer aos medios de comunicación para dar un «toque de atención» á Administración. Non ha tardar moito en aparecer o Rei Midas “Louzán” en escena e o seu lacallo Luís Aragunde amigo de Augusto, para facer entrega dentro dunhas datas a Esperanza Salnés dun cheque por non sei cantos cartos, aparecendo Louzán novamente como “salvador” de Esperanza.
É unha película que lamentablemente se repite cada ano. A min gustariame ver a Augusto Chaves, do cal eu non poño en dúbida para nada a súa valía nin tampouco o seu traballo e non son quen, poñer os políticos no seu sitio so me lembro que nunha ocasión Augusto criticou os políticos concretamente a Xunta de Galicia cando lle deron no 2007 catro mil euros, da parte de vicepresidencia naquela nas mans do BNG, a mesma cantidade que lle dou este ano a xunta do PP, pero claro era o bipartito e entón non lle doeron prendas en criticalos, e agora que o PP vólveo a ter abandonado porque non critica Augusto tamén a situación.
Porque Augusto non critica que se lle concedan un millón de euros a unha entidade privada como a Sociedade Cultural que atende 399 socios e maioría deles xubilados e en troques ten abandonada a Esperanza Salnés, e sempre a espera de recibir unha misera subvención ou apartacións de particulares como o famoso calendario. Augusto non pode facer iso porque definiuse politicamente o apoiar sen ningún xénero de dúbidas a candidatura de Luís Aragunde o saír no seu vídeo promocional nas pasadas eleccións locais. Augusto non pode criticar a quen admira ainda que este o faga mal é o prezo de apoiar publicamente unha candidatura cando eres o Xerente dunha entidade que en principio debe ser apolítica. Eu coido que as administracións debían de coller dunha vez o toro polos cornos e deixar estabilizada dunha vez por sempre a situación de Esperanza Salnés de deixarse de sacar cada ano unha foto como salvadores de asociación.