//
arquivo

Archive for

“Outro Bridge”, novo blog musical desde Cambados


Rubén Iglesias, ou Rubi_ly, como asina neste novo proxecto, vén de abrir ao público un novo espazo da blogosfera cambadesa. Trátase dun blog que tocará temas musicais, recollerá a música que el escoita e falará dos grupos da nosa zona. El mesmo foi baixista da banda cambadesa The Henry Warnimont e agora no seu perfil da plataforma Soundcloud publica as súas creacións musicais. Ademais é membro do grupo Trio Phil Jazz, que recentemente tocou no pub Rif-Rock. Non deixes de visitar o seu novo caderno na rede. A aparición deste novo blog irrumpe xusto cando se vén de convocar unha reunión cos diferentes promotores de espazos web de Cambados para estudar a creación dunha asociación para intercambiar ideas e proxectos. Benvido.

Reunión de blogueiros cambadeses


Despois de que Chon (A ti meu Cambados) propuxera nun artigo da súa web crear unha asociación de blogueiros cambadeses e de que o Faro reflectira a proposta nunha nova no xornal, iniciáronse os contactos entre os responsábeis das principais webs do Concello. Este mércores 4 de Xaneiro haberá unha reunión no Hotel Os Pazos ás oito da tarde para tratar este tema, decidir se se crea formalmente a asociación, que fins tería e outras iniciativas que poidan xurdir. É un acto público para todos os que leven un blog/páxina en Cambados, sexa de temas xerais, centrado en política, en cultura, literatura, moda, deportes, ensino, etc etc.

Nas redes sociais

Xaneiro 2012
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.