//
estás a ler...
., Cambados

Como colaborar en Cambados(tk)


Como podes participar?

OPINIÓN. É onde máis falta fai xente á que lle apeteza escribir de cando en vez. Pode ser cunha periodicidade estábel ou puntualmente. Podes escoller o tema que máis che apeteza en cada ocasión  e por suposto, defender o teu punto de vista sempre que sexa dende o respecto e os argumentos. Non tes, para nada, que seguir ningunha liña previamente marcada por ninguén, a opinión é túa. Ademais, nin sequera tes que falar necesariamente de Cambados, o artigo pode abranguer moito máis (de feito até tivemos crónica dunha viaxe ou crítica literaria, por poñer exemplos de diversidade!). O envío de artigos faríase a través de correo electrónico.

REDACCIÓN. Aparte da opinión, o motor de Cambados(tk) desde o comezo, tamén publicamos desde cero até dous artigos ao día con novas que consideramos de interese para Cambados. Detrás hai un traballo de lectura, elección e redacción da nova considerable. Se che apetece colaborar neste sentido tamén te acolleremos gustosamente. Necesitaríamos ou ben reunirnos contigo brevemente para explicarche como funciona CTK por dentro ou ben, en caso de imposibilidade, enviarche unhas instrucións para que te manexes ben. De todos os xeitos é moi doado, xa que é un blog de WordPress, calquera pode empregalo sen dificuldades.
Tamén hai outras opcións intermedias, como que che guste realizar algo moi puntual, por exemplo entrevistas, e as realices e nolas envíes para publicar.

-E por suposto, ESPALLANDO A MENSAXE. Cambados(tk) está presente en Facebook e Twitter, e as nosas visitas dependen en grande medida da vosa axuda para colocar enlaces dos artigos que máis vos interesan nestas plataformas sociais.

E nós que ofrecemos?

Cartos non, desde logo. CTK é sen ánimo de lucro desde a súa creación en 2005. O que si podemos é ofrecerche unha boa difusión para os teus artigos, entrevistas ou novas; xa que ao ser a primeira páxina non oficial de Cambados contamos cun volume de lectores que, aínda que variábel segundo a tempada, sempre nos aporta unha boa audiencia.

Agardamos o teu email! Podes contactar en cambadostk (arroba) gmail.com e serás moi benvido. Esperámoste.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xaneiro 2012
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: