//
estás a ler...
., Cambados

Lady Nuria, outro espazo sobre moda desde Cambados


Onte tivo lugar o encontro de blogueiros de Cambados no Hotel Os Pazos (cuxa apertura expresa para a reunión é de agradecer). Ademais de tratar o tema principal da xornada, que non era outro que entrar en contacto entre todos nós e decidir se asociación si ou asocición non; tivemos a posibilidade de coñecer blogs que algúns nin sequera oiramos falar deles. Bo comezo para esta nova agrupación non?
Un deles é o de Nuria Gómez Aragunde, que é o segundo blog de moda que coñezo despois de If I were a skirt de Lorena Acha. O blog de Nuria (Lady Nuria) aínda que descoñecido a nivel Cambados xa parece que conta con moitos seguidores desde que comezou a súa andaina en Xullo do ano pasado. Nun Concello con deseñadoras xoves que triunfan a nivel estatal, como Mónica Guillán ou Eva Soto, é natural tamén contar con espazos na rede especializados nese mundo.

E respecto á reunión de blogueiros, foi unha primeira boa toma de contacto na que se decidiu seguir adiante coa idea de crear unha asociación. Agora haberá que redactar uns estatutos nos que se deixe claro cales son os obxectivos desta nova unión e cales serás as primeiras iniciativas como grupo no futuro. De seguro pode saír algo moi bo do proxecto, volveremos sobre isto cando sexa o momento. Para calquera que non estivera presente onte e queira participar, só ten que poñerse  en contacto con alguén dos que si estivemos para participar no debate a partires de agora e en futuras reunións.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xaneiro 2012
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: