//
estás a ler...
., As entrevistas, Cambados

Ismael Agra: “Queremos acercar o proxecto do PSOE á xuventude de Cambados”


Ismael Agra (Vilariño, 1995) comezou a interesarse na política desde moi pequeno. E máis específicamente, no PSOE. O primeiro mítin que recorda foi hai sete anos cando veu Rubalcaba a Cambados e desde aquela foi involucrándose até crear o pasado setembro no noso Concello as Xuventudes Socialistas, agrupación da que é Secretario Xeral. Un soño para el, cumprido. O seu futuro pasa por rematar o Bacharelato no IES Asorey e estudar Dereito, “aínda que non sei onde, por agora”. E seguir en política, así que de momento  non sería unha sorpresa atopalo na lista do PSOE nas vindeiras municipais de 2015.

A vosa campaña de Nadal foi a primeira actividade…
A recollida de alimentos e xoguetes foi a primeira, pero nós esperamos agora comezar a realizar outras actividades benéficas, porque hai asociacións que necesitan fondos ou outro tipo de axuda e cremos que somos os xóvenes os que debemos incentivar tamén que a xente colabore, desta vez foi con Cáritas pero en Cambados hai moitas asociacións que precisan axuda.

En relación con esa actividade houbo polémica coa outra asociación xuvenil que hai en Cambados…
Bueno, tamén hai Novas Xeracións (pola organización do PP).
Si, hai, pero non teño constancia de que amosaran apenas actividade. Pero está Retranca, e parece que houbo críticas porque a súa campaña era sospeitosamente parecida á vosa…
Nós non queremos entrar en polémica, o obxectivo noso e o deles viña sendo o mesmo: colaborar con Cáritas. O noso era para Cáritas Cambados e o deles para Vilagarcía. Houbo unha coincidencia moi estrana pero ao fin e ao cabo eles colaboraron á súa maneira e nós, á nosa.
E seguindo con este tema, pensas que como se di na rede, Retranca forma parte dun entramado moi vinculado ao Partido Popular?
Como asociación en abstracto é unha asociación xuvenil sen máis pero a directiva dela é doado caracterizala. Se entras no blog de Luís Aragunde hai unha foto da directiva de Retranca nun mítin de Mariano Rajoy en Vigo. Así que tampouco fai falla ser moi intelixente para darse de conta.

XUVENTUDES E CAMBADOS
“En Cambados mentres a dereita ten forza, os mozos teñen unha situación difícil”
Hai xente que pensa que as organizacións xuvenís dos partidos serven en moita medida para dar boa imaxe dos, digamos, “políticos adultos”; sempre se ven por exemplo detrás dos oradores nos mítins…ti que lles dirías aos que opinan así?
Nós non nos formamos para mellorar a imaxe de ninguén, senón para acercar o proxecto do PSOE a Cambados e temos as nosas ideas propias…
… tedes capacidade de maniobra?
Temos, como din os nosos estatutos somos unha asociación independente aínda que ligada ao Partido Socialista.

Cales credes que son as prioridades para a mocidade en Cambados?
A nosa meta é acercar o proxecto das XXSS, do PSOE, aos mozos de Cambados. Cambados é un sitio onde a dereita ten forza, como quedou demostrado nas pasadas eleccións, pero o certo  é que as cousas para os mozos están difíciles, de feito moitos vanse estudar fóra e non volven, pero para os que aínda vivimos aquí hai necesidades. Por exemplo, desde complexos polideportivos en todas as parroquias, mellora e adecuación das bibliotecas e facerlle chegar ao Concello a necesidade da convocatoria de becas. Este ano houbo unha conxelación, pero agora é cando máis necesaria é a partida. Ademais era só para universitarios e nós pedimos que se amplíe a estudantes de bacharelato xa que agora se retiraron as axudas de gratuidade dos libros de texto.

Cal cres que ten que ser a prioridade do Goberno de Cambados para o que resta de lexislatura?
O máis importante sería xerar emprego. Desde o Concello é certo que é difícil porque as competencias sabemos que son limitadas, pero si que sería posible facer algo. E manter os servizos sociais; a atención persoalizada aos maiores, o Centro de Información á Muller, facer o Centro de Día, que parece que vai haber que agardar por el uns cantos anos. Neste sentido non se concibe que se dean máis de 700 mil euros a unha sociedade privada (pola Cultural)  e non se financie iso que é unha obra para todos os veciños.

PSOE E FUTURO
“A esquerda no Parlamento Galego ten que dar unha maior contestación ao PP”
2011, un ano para esquecer para calquera socialista?
Un ano para esquecer pero tamén para aprender. Levamos dous batacazos electorais grandes pero deses batacazos electorais pódese aprender moito para os próximos anos.

Hai dous procesos abertos, un no PSOE a nivel España e outro en Galiza, que agardas ti deses dous procesos?
No Congreso Federal espero que a decisión sexa tomada pola militancia e non por unha cúpula en Madrid. As Juventudes Socialistas de España piden que haxa primarias para elixir Secretario Xeral e non só candidato á Presidencia do Goberno, porque é unha maneira de acercar a militancia aos cargos orgánicos do partido. E en Galicia, a nivel nacional, o mesmo. Que se presente quen considere oportuno e que os militantes decidan.

Coas leas internas ligadas á renovación do PSdeG e BNG e ante un posible adianto das autonómicas, como pinta a posibilidade de arrebatarlle o goberno a Núñez Feijóo?
Non pintan nada ben as expectativas, tanto nós como desde o BNG. A esquerda en Galicia parece que ten agora pouco peso. Co que está facendo Feijóo agora mesmo, se estivera gobernando o bipartito estaríamos crucificados. E con Feijóo, desde a oposición debería de haber unha mellor contestación.

MÁIS PERSOAL
Cal é o teu referente (supoño que do PSOE) en política?
A nivel local a miña referencia sempre foi Domingo Tabuyo, un político coherente que respecta os cauces, e a nivel máis xeral diría Zapatero aínda que agora non está ben visto dicir isto. Ou Felipe González, a quen tiven a honra de coñecer persoalmente.
E se tiveras que elixir a alguén no BNG ou no PP?
(pensa) Só coñezo a Víctor Caamaño, que é o meu prefesor ademais. E logo a nivel galego, non sei,  quizais o alcalde de Pontevedra sería unha imaxe forte para o BNG. Os seus resultados confírmano. E no PP, que supoño que será máis difícil de elixir?
No PP está máis complicado, creo que non me gusta ninguén.
Pois o que menos che disguste.
Até hai pouco meses diría Gallardón…
…Pero agora non podes porque forma parte no goberno…
Non, non é iso, pero as súas últimas formas de actuar non me gustaron. Nesta zona, o alcalde de Meaño pode ser unha persoa respectable dentro do que é o PP da provincia; el sería algo moderado.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xaneiro 2012
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: