//
arquivo

Archive for

O goberno de Aragunde subirá o IBI, motivo que desencadeou o “golpe de Concello” de 1986


Aragunde e o seu equipo xa calcularon os beneficios para as arcas municipais de Cambados que ocasionará esta medida, e cifran esta cantidade nuns 100.000 euros. O imposto de bens inmobles sería incrementado nuns trinta euros anuais cando sexa aprobado por Rajoy en Madrid un Decreto Lei en materia orzamentaria que lle permite realizar esta suba aos municipios. Esta medida en concreto (que como sabemos, vén acompañada de máis recortes) levarase a cabo para que os Concellos dispoñan de máis capacidade nuns momentos nos que a súa situación financeira non é boa.

En Cambados, cabe recordar que o goberno de Unidade Galega (o que máis tarde foi o BNG de Cambados) caeu nas eleccións seguintes a aplicar unha medida semellante a esta. Semellante, porque non supoñía daquela unha suba do imposto como tal, senón unha actualización dos valores catastrais (aplicada de xeito xeral, non só en Cambados) que incluso en moitos casos significaban unha baixada do importe a pagar. Neste caso Aragunde estaría a piques de aprobar unha suba do imposto. Seguir lendo

150 para 25 novos permex no marisqueo


Así de complicadas están as cousas para as 150 persoas que solicitaron un permiso de explotación (permex) para formar parte da Asociación de Mariscadoras de Cambados. E a Consellaría só dará o visto e prace a 25 destas solicitudes tras un proceso de selección no que prima ser veciña de Cambados, o tempo no paro, e os cursos realizados. En Cambados, os indicadores amosan que o sector do marisqueo, e o sector produtivo en xeral, é dos poucos que aguantaron ben a crise.

Nas redes sociais

Xaneiro 2012
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.