//
estás a ler...
., Cambados

O goberno de Aragunde subirá o IBI, motivo que desencadeou o “golpe de Concello” de 1986


Aragunde e o seu equipo xa calcularon os beneficios para as arcas municipais de Cambados que ocasionará esta medida, e cifran esta cantidade nuns 100.000 euros. O imposto de bens inmobles sería incrementado nuns trinta euros anuais cando sexa aprobado por Rajoy en Madrid un Decreto Lei en materia orzamentaria que lle permite realizar esta suba aos municipios. Esta medida en concreto (que como sabemos, vén acompañada de máis recortes) levarase a cabo para que os Concellos dispoñan de máis capacidade nuns momentos nos que a súa situación financeira non é boa.

En Cambados, cabe recordar que o goberno de Unidade Galega (o que máis tarde foi o BNG de Cambados) caeu nas eleccións seguintes a aplicar unha medida semellante a esta. Semellante, porque non supoñía daquela unha suba do imposto como tal, senón unha actualización dos valores catastrais (aplicada de xeito xeral, non só en Cambados) que incluso en moitos casos significaban unha baixada do importe a pagar. Neste caso Aragunde estaría a piques de aprobar unha suba do imposto.

Daquela houbera unha concentración no Concello que rematara coa entrada de varias persoas nas dependencias municipais, incluso saboteando documentación que había dentro; ademais de insultos, berros e intentos de agresión aos membros do goberno. O certo é que moita xente acudía enganada e dise que varios empresarios ligados á dereita instaron aos empregados dos seus negocios a acudir á Praza do Concello en horas laborais.

“A ti meu Cambados” vén de colgar en youtube unha parte do vídeo documental que Benjamín Rey produciu coas imaxes dalquel día de Setembro de 1986, sendo alcalde Xoán Antonio Pillado. O nacionalismo perdeu as eleccións seguintes e o PP goberna Cambados desde aquela. É por iso que a suba do IBI que agora pretende Aragunde é máis que significativa, aínda que de seguro que non ocasionará unha revolta como a que podedes ver nas imaxes do vídeo documental. Ademais, chegará semanas despois de que o goberno local aprobara importantes subas noutros impostos, como puideches ler en Cambados(tk) recentemente. Podes ver o vídeo premendo aquí.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xaneiro 2012
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: