Se onte falabamos da suba do IBI que planea levar a cabo o goberno municipal de Luís Aragunde, e relacionábamos este incremento co sucedido no Concello en 1986 ademais de poñer a disposición dos lectores o vídeo documental de Benjamín Rey subido á rede por A ti meu Cambados; hoxe podemos xa ver o documental completo.Preme en Ler Máis para acceder ao vídeo.
Na segunda parte do mesmo pódense revisar as partes máis “duras” do que chamamos “golpe de Concello”. Se na primeira parte era o alcalde Xoán Antonio Pillado quen saía ao balcón do Concello para explicar a situación á xente concentrada na Calzada entre apupos, na segunda parte un grupo numeroso de xente irrumpe na Casa Consistorial e incluso toman o micrófono, ademais de tirar polas fiestras documentos do Concello e animar aos que quedan abaixo a subir proferindo berros de todo tipo. Máis tarde no vídeo, Pillado volve a comparecer desde o balcón para explicar as decisións que o goberno local tomaría ante o descontento.
Lembrar outra vez que daquela o goberno local non subía o imposto como tal, xa que iso vén fixado no conxunto do Estado. O que sucedía era que se fixeran novas valoracións catastrais e, especialmente defraudadores fiscais, tocáballes pagar agora o que lles correspondía xustamente. Segundo Xoán Antonio Pillado, había xente protestando á que mesmo se lle rebaixara ese importe. Non era, como a que se pretende agora grazas ao goberno de Rajoy e parece que co visto e prace de Aragunde, unha suba do imposto senón unha nova valoración.
Non deixes de ver o vídeo enteiro, é parte da historia de Cambados e foi un momento clave que posiblemente cambiou para sempre o futuro do Concello.
¿ Quén é o anormal que se sube a profirir rebusnos dende o balcón do Concello?