O IBI subirá despois de décadas en Cambados. O Imposto sobre Bens Inmobles que recaudan os Concellos sufrirá unha suba xa neste 2012 a raíz da súa aprobación en Consello de Ministros polo Goberno de Mariano Rajoy. Nunha entrevista de hai tres meses, Luís Aragunde era preguntado por esta suba e afirmaba que ” Non é o momento (…) se alguén vai subir o IBI debería facer unha suba progresiva e mínima para non afectar á economía das familias”. Continúa.
Agora, semanas despois, sabemos que en Cambados este incremento do imposto será do 10% sobre todas as vivendas residenciais do municipio. É dicir, que nin mínima, nin moito menos progresiva.
As declaracións de Aragunde naquela entrevista de La Voz de Arousa sobre as medidas económicas déixannos máis contradicións. Tan só 26 días despois de dicir “non creo que sexa momento de subir impostos e de cargar máis ás familias. Pero se hai algunha suba será mínima de todo” o Pleno, cos votos do PP de Aragunde aprobou unha suba dos impostos municipais que en moitos casos sobrepasaban con creces o IPC. Lembremos: a auga un 13% (3 puntos máis que o índice), a recollida do lixo no casco urbano 5 puntos máis que o IPC e no rural o aumento respecto deste índice foi de 10 puntos. O prezo por hora da Axuda no Fogar incrementouse en 20 puntos sobre o IPC e a taxa de sumidoiros subiu sobre esta referencia 7 puntos.
No caso do IBI Aragunde pode argumentar que non sabía que Rajoy ía acometer este incremento e incluso debería posicionarse en contra se fose coherente co dito por el mesmo; pero no segundo caso Aragunde ou non coñecía con vinte días de antelación os plans económicos do seu propio goberno ou mentiu publica e descaradamente. As dúas opcións son desde logo preocupantes.
Os cidadáns de Cambados, xa saben, tócalles pagar moito máis neste 2012.
Lembrade que tamén dixo aquilo de que temos un Concello “perita”. A medida da suba do IBI que tomou o goberno central está pensada para concellos con problemas económicos, pero o noso concello perita non os ten, así que que si non queren non teñen porque subir, tamén Esperanza Aguirre en Madrid disque vai baixar o IRPF, que siga o seu exemplo. Saúdos.
O que pasa é que predican unha cousa e fan outra en quince días, tanto aquí como alá. Pero si, que temos un Concello perita! 🙂