//
estás a ler...
., Galiza

Cambados(tk) apoia o PuntoGAL


Durante estes días ábrese o prazo para que as diferentes organizacións interesadas presenten as súas solicitudes de dominios nada rede perante a institución encargada de concedelos, a ICANN. A idea é que Galiza conte cun dominio propio que agrupe aos contidos referentes á lingua e á cultura. Nestes momentos Catalunya xa goza dese dominio na rede desde hai cinco anos, no seu caso denominado “.cat”, que agrupa xa a 52.000 espazos.

A asociación Puntogal será a encargada de materializar esa solicitude, e tivo desde hai anos o apoio da Xunta (antes da bipartita e agora da do PP), dos tres partidos parlamentarios, e dunha multitude de institucións e asociacións galegas, como a Real Academia da Lingua, o Consello da Cultura, as tres Universidades do país… É un proxecto sen ánimo de lucro, e no momento que xere beneficios estes adicaranse á promoción da lingua e cultura galega nas novas tecnoloxías.

De ser aceptada a proposta pola ICANN, os dominios .gal poderán rexistrarse en 2013. Imaxinádesvos un Cambados.gal, ou Cambadostk.gal? Quizais pronto sexa posíbel! Ti podes dar o teu apoio asinando aquí ou empregando o hashtag #puntogal en Twitter. E se tes unha web ou blog podes inserir un banner de apoio.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xaneiro 2012
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: